Logo do paso da cicloxénese explosiva que diron en chamar Gong, aproveitei para ir ver os efectos que tivo nos cauces da comarca.
Como en torno ás 13:00 h parece que amainou, pois aproveitei para ir facer uns recados e ver de como quedara todo.
Por motivos varios tiven que ir a Cedeira así que aproveitei para ver como lle fora ó río das Mestas, que é unha das meniñas dos meus ollos.
Mais tarde fun ata o meu Xuvia.
E as cousas andaban así entre as 14:30 horas que estiven no río das Mestas en Porto do Cabo e as 17:00, hora na que estaba na desembocadura do Xuvia.
PORTO DO CABO.RIO DAS MESTAS (14:30 H)
Nesta última foto non me poido sustraer a comentar o ''espabilamento'' dos nosos técnicos e enxeñeiros. A ponte actual está empiagada, coa auga tocando nas vigas de carga. A ponte medieval (pola que ía o camiño a Teixido) ten aíanda espazo de sobra para unha enchenta ordinaria. Non damos aprendido nada e encima desprezamos a sabedoría dos antepasados ...
RIO XUVIA
|
Hipopótamos no Xuvia. Hippo: cabalo/ Potamon: río |
|
San Sadurniño- A Granxa |
|
Area recreativa do Muiño de Saavedra |
|
Gradaille sen presa. Non hai necesidade de escala |
|
A Retorta anegada por completo |
|
Outra da Retorta |
|
Cerdeiras dende a Ponte |
|
Muiño de Entrerríos. Xa sei que é unha mesta de ríos, pero nesta zona hai 3,5 m de cota de inundación sobre o nivel de primaveira. |
|
A Ribeira en Doso |
|
Outra da Ribeira. Casa de Camilo |
|
Presa do Rei |
|
A presa do Rei parece unha presa dun muíño. Os peixes poden subir por riba da reixa da escala.
|
|
Vista da zona da Ponte de Prospes. Final do couto sen morte de San Sadurniño |
|
Muiño da Ponte de Xuvia na desembocadura. Marea Baixa
Penso que con toda a tempada de augas altas que levamos e con esta enchenta,o río leva unha boa limpeza, que nunca ben demais.
En canto ós danos nas frezas que estaban recién rematadas, pois a miña opinión é que posiblemente houbera algún, pero aínda con menos frezas, si a auga e o sustrato no que están, permanecen mais limpos, o resultado será igual ou mellor.
Hai que ter en conta tamén, que coa tempada de augas altas que houbo todo o outono os peixes frezaron nas zonas altas e mais nos regatos, onde a capacidade destructiva das enchentas é mais limitada.
E isto non o razoei eu, consultado Fernando Cobo sobre o asunto, estableceu que as cousas son así.
A Natureza evos moi sabia e está en todo, e non da puntada sen fío.
Iremos vendo a evolución destas augas altas.
|