miércoles, 28 de diciembre de 2011

Repoboación no Xuvia

No día de hoxe e asesorados por técnicos da Dirección Xeral de Conservación procedeuse a ceibar no Xuvia alevíns dunha nova especie de peixe.
O seu nome científico é Carcharodon carcharias e o motivo desta solta é contribuir ó descenso dos índices de furtivismo subacuático.
Polo que nos dixeron é bastante eficaz no desempeño do seu cometido, axudando tamén a librar o río de cormoráns.
Como efecto secundario está a impòsibilidade do vadeo nocturno na pesca do reo (Juanjo Moralejo, olliño ¡¡¡)
Eiquí tendes o peixe en cuestión.


viernes, 23 de diciembre de 2011

EL PARDÓN DE MEANA Y LA PLUMA DE GALLO DE LEÓN


Desde la dirección editorial de “www.cotossalmoneros.com”, nos alegra informaros que desde el día 14 de noviembre está disponible el nuevo libro
“EL PARDÓN DE MEANA Y LA PLUMA DE GALLO DE LEÓN”.
Se trata de una EDICION DE LUJO y con una tirada muy limitada, (sólo 500 ejemplares). Una obra para colección con una calidad extraordinaria.

En este trabajo presentamos, por primera vez en una publicación, todos los secretos del montaje del “Pardón de Meana” y sus variantes. Éste es, posiblemente, uno de los mejores patrones para montar efémeras creados hasta ahora y en él destaca su gran efectividad ante truchas y reos. Gracias al detalle de la macrofotografía, podréis seguir, paso a paso, todo el proceso de montaje, con más de 40 imágenes y pasos en algunas de las variantes.

La obra aparece en dos versiones, español e inglés, y tiene como objetivo mostrar, a todos los pescadores de mosca del mundo, los secretos y la magia de “La Pluma de Gallo de León”, gracias a un profundo estudio que nos permitirá conocer todo aquello que necesitamos saber sobre los famosos gallos y plumas de León.
EN ESTE TRABAJO SE INCLUYEN, POR PRIMERA VEZ, LAS TABLAS QUE DEFINEN LAS DISTINTAS VARIEDADES DE PLUMA DE GALLO DE LEÓN EN FUNCIÓN DEL COLOR, EL DIBUJO Y LA DENSIDAD DE LAS PENCAS, Y LA CALIDAD DE LA OBRA. Estas tablas han sido acordadas por los propios criadores de cara a la gestión de la Denominación de Origen.

El valor de la obra es de 58€, pero sale al mercado con una interesante promoción, sólo 38 €, un precio ridículo teniendo en cuenta la calidad del libro.

Aprovecha esta oportunidad y hazte un buen regalo estas Navidades.
Solicita tu ejemplar en:  www.cotossalmoneros.com te lo enviamos a casa.


Para cualquier duda, puedes ponerte en contacto con nosotros en el telf: 649618438.


 


Luis Meana
Dirección editorial
WWW.COTOSSALMONEROS.COM
publicaciones y guías para la pesca
luis@cotossalmoneros.com
Tel: 649618438

jueves, 22 de diciembre de 2011

BO NADAL

Pois iso, que para minimizar esforzo e maximizar risa cólgovos a miña felicitación navideña.
Pili e mais eu desexámosvos Felices Festas facendo o que mellor sabemos; A mona.
ENLACE:http://elfyourself.jibjab.com/view/Eo870oQl9DG7KLDc?cmpid=ey_fb_self&ref=nf

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Pesca a mosca en superficie

Do mellor que teño visto en videos de pesca a mosca en superficie.
A zona de pesca é a Louisiana e o obxectivo un tipo de corvina.
As imaxes son de infarto. Entradas ós poppers e slidders a cañón como as nosas robalizas, pero ó grande...
http://vimeo.com/33872683

miércoles, 14 de diciembre de 2011

1º Concurso de Montajes Online Aguas Vivas

Adxúntovos a nota de prensa de Arturo Alonso acerca do concurso de montaxe organizado pola revista Aguas Vivas.
Tamén inclúo fotos das moscas gañadoras deste concurso, o que dito sexa de paso confirma o meu bon criterio de non presentarme e quedar en ridículo ó lado dos fenómenos que se presentaron. 
Que marrón ser xuiz dun concurso con ese nivelazo.


 NOTA DE PRENSA:
Ya Tenemos Ganadores del Concurso”

Aguas vivas quiere agradecer a todos los miembros de jurado la difícil labor de clasificar estos montajes.
Gracias Amigos”

Felicidades a los ganadores de este primer concurso organizado por la
Revista Digital Aguas Vivas

Aguas Vivas agradece a todos los participantes en este evento el grado de cooperación, calidad y compromiso para con el mismo. Este evento no seria posible sin la colaboración de todas las empresas que han patrocinado este evento y todas las fuentes de difusión, prensa, radio, blogs y amigos.

A todos vosotros, Gracias por vuestra colaboración”



Para ver todos los resultados, pica:

Nota importante:
Aguas Vivas necesita que se identifiquen los 5 primeros clasificados de este 1º Concurso de Montajes Online.
Para tal fin, contactar con Arturo Alonso en: escueladealonso@gmail.com

Mirade algunha das marabillas que se presentaron:


viernes, 9 de diciembre de 2011

Vamos gañando ¡¡¡ Indulto para os dinamiteiros

O camariñán condenado por pesca con dinamita, indultado
Outros catro acusados xa foran absoltos polo Tribunal Supremo, en novembro do ano pasado
Autor:
carballo / a voz
Data de publicación:
9/12/2011
Felipe Campaña Carril, o único camariñán da familia Lin que aínda tiña unha condena pendente polo emprego de dinamita na pesca, acaba de recibir o indulto do Goberno.
O Boletín Oficial do Estado publicou onte o decreto do Ministerio de Xustiza, tras a deliberación do Consello de Ministros, polo que se conmuta a pena de catro anos que tiña pendente por tenencia de explosivos (catro quilos de bombas de palenque e varillas). Outros catro acusados (os seus tres irmáns e a súa noiva) xa foran absoltos polo Tribunal Supremo, en novembro do ano pasado, e o propio Felipe tamén fora exculpado dun delito contra o medio ambiente, pero os maxistrados mantiveron a pena pola tenencia de explosivos. Felipe Campaña recibiu numerosas mostras de apoio á súa petición de indulto, entre firmas e escritos, ademais da unanimidade dos 13 conejales (8 do PSOE e 5 do PP, entón) da corporación municipal.

Así nos vai. Indultado...Manda truco ¡¡¡
E con todos os pronunciamentos favorables e soamente faltou que lle fixeran unha estatua no pobo por mártir.
Cada vez estou mais cabreado con este país que é quen de meter na cadea a un pobre home que mata un lagarto para comer ou colle unha planta medicinal (ambos protexidos) e deixa en liberdade a estes Xinetes do Apocalipse do mar.
Non vos preocupedes teremos noticias deles. Sexa coa aparición de sardiñas rebentadas na praia ou nas noticias do periódico tipo, pesqueiro fai unha pesca milagrosa de 10 toneladas de sargos, xa aparecerán.

15 números de Trueiro

Quince números, quince, nada menos, de Trueiro.
Son poucos ou moitos segundo se mire, pero o caso que aí está o 'trueiriño' a punto de entrar no seu quinto ano de vida despois de gañar moitos amigos, un premio xornalístico, unha denuncia da antiga directiva da Federación Galega de Pesca... Estes catro anos deron para moito.
Durante esta semana distribuíuse o xornal, modestamente, como todo o que facemos. Aguantar xa é un pequeno triunfo e somos a única publicación periódica imprimida do mundo da pesca en Galicia.
Estamos a preparar 2012, xa non só en canto ao xornal, senón no que respecta ao calendario de actividades do Grupo MiguelPesca, que como sempre será nutrido e variado.
Contamos co apoio desinteresado de moitos amigos que fan Trueiro. Todos o facemos, colaboradores, firmas, clubs, sociedades, lectores...
A eles, grazas, boa pesca e felices festas

sábado, 3 de diciembre de 2011

Xa suben ¡¡¡ Reos no xuvia



Como non podía ser doutra forma os reos do Xuvia empezan xa a subir con forza para acadar as zonas de freza.
Levamos varios días controlando os puntos de apelotonamento de peixes para evitar que algún ''espabilado'' tome posicións e desbarate o que se presume que vai ser unha boa freza.
A pesar das escalas  que instalamos nas presas de Retorta e Mera, hai algún turrón que con contumacia, decide que é mellor subir por onde sempre.
Este ano posiblemente entraron menos peixes que o ano pasado, pero tamén se pescaron menos, có que o espectáculo da freza dentro duns 20 días ou un mes, vai ser algo digno de ver.
Eiquí tendes unhas fotiños.
presa de mera

Un intento. Fallaron peixe e fotógrafo
Outro intento mais

Mais saltos polo outro lado da presa. Este pasou
E agora unha xoia de video gravado por Muras na outra escala, a da Presa da Retorta.
Fixádevos no min 0:35.

Aí queda iso para os que dín que as escalas artesanais non valen de nada.