jueves, 30 de mayo de 2013

E este finde INCORUÑA


Este fin de semana andarei por Coruña nunha liada do amigo Luis Merayo.
O caso é que sempre apetece estar en fregados destes onde podes tomar un xarro cós amigo e ver a outros que habitualmente non ves.
Se vos apetece acercarvos e botar unha parrafada mentres amarramos unha moscas por aló andaremos.
Estos son os talleres que haberá dentro do stand:

-Fabricación artesana de cañas de Bambú – Suso Vilar
-Taller anillado de cañas – Suso Vilar e Luis Merayo
-Taller Montaje de Moscas para Trucha, Reo, Salmón e Mar -
   Luis Merayo, Santi Nitas, Eloi Saavedra, Rubén Moscoso.       
-Fabricación de peixes artificiais – Rubén Moscoso.
-Fabricación de señuelos en vinilo – Santi Nitas e BricoPesca.
-Taller artesanal de fantasias e broches - Eloi Saavedra, Santi Nitas e Luis Merayo
-Taller “Siéntate con nosotros y monta tú también”  

-Exposición e venta de moscas para la pesca en río y mar.
-Exposición e venta de Riscos de vinilo para la pesca del reo.
-Exposición e venta de Fantasias e Broches.
-Oulet de material de pesca .

Horario: Venres e sabado de 11 a 21h.
              Domingo  de 11 a 20h.

martes, 14 de mayo de 2013

XIX Trofeo de pesca Cidade de Narón

Coma xa hai 19 anos que empezou a súa singladura, o XIX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA xa está eiquí, a data de celebración ó igual que en edicións anteriores será o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .
O programa de actividades será o seguinte:
  • 7:30 Xuntanza no Bar Os Rubios (Volta do Poulo-Neda)
  • 9:00 Inicio do Campionato
  • 13:30-13:45 Fin da competición, entrega de capturas e pesaxe na Area Recreativa de Muiño do Chao (Pedroso)
A actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante A Trsanquesa na Feira do Trece (Sedes)
Finalizada a mesma procederase á entrega de trofeos.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante e de acudir con acompañante
Dado que as prazas son limitadas ós 30 pescadores que ten de aforo o couto troiteiro , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de oficina do local social é de 20.00 a 21.00 h. os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba@gmail.com
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262


viernes, 10 de mayo de 2013

Gravación con Jara y Sedal en Lires

O mércores e xoves desta semana andivemos de gravación có equipo de Jara y Sedal por terras da Costa da Morte o Santi Nitas e mais eu.
O punto elixido foi a desembocadura do río Castro na ría de Lires, fronteira entre Cee e Muxía. O protagonista o principe pobre: O munxe.
A pesca a mosca desta especie, denostada por algúns puristas, que só pescan especies nobles (e que casualidade, de alto valor gastronómico) poidovos asegurar que é unha das grandes oportunidades da pesca a mosca en Galiza.
Non vou poñerme a defender de novo a deportividade deste peixe, pero decir que penso que igual que o barbo, ó que coñezo de pasada, é un dos grandes da pesca continental sen discusión. O que penso sobre este peixe xa o puxen por escrito con motivo dunha anterior expedición http://moscasdetrasancos.blogspot.com.es/2012/04/o-principe-pobre-xornada-de-muxes-en.html.
Por este ring de Lires xa pasaron grandes canas deste e doutros paises. O mestre Marc Petijean foi un deles o ano pasado.
Con estes precedentes, pois puxémonos en mans de grandes profesionais capitaneados por Raul, e deixamonos facer.
Ansioso estou de ver o resultado da montaxe na TV e espero que vos guste. Non sabemos a data da emisión, que se supón que será na próxima tempada. Tereivos informados.
Mentres tanto terédesvos que conformar cunhas cantas imaxes das dúas xornadas de gravación.













miércoles, 1 de mayo de 2013

Día de salmón no Xuvia

Hoxe comenzaba a tempada de pesca de migradores en Galiza.
Era o que estabamos agardando moitos pescadores que temos os nosos ríos chapados a cal e e canto ata que abre a veda. E digo isto, porque non dou entendido a razón pola que os coutos e zonas libres sen morte están pechadas ata a apertura da veda. Non se entende que si non se fai extracción, non se poida ir desfrutar do río, por moitos migradores que teña.
Bueno, ó lío.
Quedei cun compañeiro ás 7:30 para tomar café.
Ás 8 xa andabamos a repartir relixión polo Xuvia adiante. El a cebo e eu a rapala. A mañá, logo de dar coa coor de peixe precisa púxose interesante. As troitas non estaban comedoras, pero estaban agresivas e as picadas se sucedían.


O mais rechamante do día foi a cantidade de esguíns de reo, tocados ou prendidos, que tanto eu como outros pescadores ó longo de todo o río (consultei xente que estivo pescando pola metade de recorrido do río) que se foron vendo. Cousa bóa que que augura unha boa tempada para o ano que ven. A verdade é que con anterioridade houbo un bó reclutamento de esguíns durante o mes de Febreiro, que se vían con abundancia no cauce baixo e a ría


Como digo unha mañá que non pasaba de entretida, porque varias pezas de porte non acabaron por prenderse.
Contra a mediodía decidín cambiar a afogada. Esta tempada estou tratando de poñerme ó día con esta vella arte e asegurar os rudimentos necesarios para poder pescar cunha certa seguridade. Como sabedes son refactario (polo momento) ó wolframio, pero a pesca a afogada, tan parecida á pesca a mosca do salmón, atraeme sobremaneira.


Según me poño a pescar as picadas sucédense. A maior parte das pezas son pintos, que neste tramo de río, enseñoréanse e mandan con claridade sobre troitas e reos.


Pero a sorpresa estaba por vir. De repente un pequeno toque, similar a outro pinto mais. Templo, isto é o difícil da afogada, non cravar na picada, senon templar e que a propia peza e a resistencia da liña fagan o resto. A resposta é inmediata. Un arreón brutal. Pola cabeza pasan moitas imaxes xuntas. E a resposta faise peixe. Noto que é unha peza de respeto e que se descolga. Duas tarascadas mais e quedase quieto. Estamos a ouservarnos mutuamente, penso. O corazón saeme pola gorxa.- E de repente vexo o cabezón xurdir. Mimá, que peixe. Penso en como estará cravado, penso se  0,20 de Tecnocast aguantará desta besta.
Pero xa mais tranquilo doume conta que algo non cadra. O peixe non está á altura. E a resposta chega á cabeza como un martelazo: É un zancado.
O peixe, logo de manterse alonxado pasa como de paseo, xunta de min. e vexo o que é. E un salmonazo, pero o seu perfil confirma a súa falta de carraxe e de forza.


Segundo problema. Non hai sacadeira, nin quen a dea. Por sorte está na ribeira o amigo Alberto, o dono desas ''desbrozadoras peludas do país'' que tan pacido e limpo teñen o Xuvia neste tramo. Achégase pola sacadeira ó coche. E un pouco despois aparecen dous pescadores mais. Un deles axudame a asalabrar.
Xa tendo craro o que é tratamos de minimizar o manexo do zancado, non lle vaia dar un repente e pasar a mellor vida.
Por desgraza isto fai que non revise se as fotos que me quita este auxiliador. E por desgraza as fotos non saen. Pero antes de pasarlle a cámara quito un primeiro plano da cabeza do peixe, onde se pode ver a mosca.


Non obstante a falta de fotos dame igual. Mellor un peixe vivo, que unha fotos boas. Para min é suficiente o recordo e logo de recuperado, velo sair como un foguete augas abaixo, éncheme dunha ledicia difícil de explicar. Soamente desexo poder pelexar con el dentro de dous anos, cando pese 4 kilos mais que agora de carraxe e forza mariña.
O zancado era un salmón macho duns 3 kg de peso e uns 70 cm de lonxitude.
Un día para recordar.