A
“Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” organiza para o próximo 29
de Xuño o XIII Campeonato de Pesca Deportiva “Salmónidos Mosca
– Cidade de Narón”, que se celebrará nos cotos de Xuvia e
San Sadurniño, ambos no río Grande de Xuvia.
O
torneo, extenderase ó longo de todo o día e será en la modalidade
de pesca sen morte, isto é, capturado o peixe, este é medido,
desanzólase e inmediatamente é devolto ó agua.
A
concentración para o inicio do campeonato será no Bar Os Rubios (A
Mourela-Neda) ás 7:30 onde se procederá á entrega da documentación
e asignación de tramos.
Coma
escenarios deportivos usaranse os coutos de pesca San Sadurniño sen
morte e de Xuvia.
Destacar
a participación de varios campións de pesca deportiva a tódolos
nineis (autonómicos, provinciais e inclusive nacionais). Contará
tamén coa presencia de varios miembros da actual selección galega
de pesca e inclusive có vixente campión do Mundo de Pesca a Mosca,
o coruñés David Arcay. É, polo tanto, o campionato social de maior
nivel de participación de Galicia, tanto a nivel cualitativo como
cuantitativo.
Desta
proba sairán os cinco primeiros pescadores que se clasifiquen para
participar no campionato provincial do próximo ano.
Estes
cinco primeros clasificados tenrán opción a participar no OPEN
MIGUEL PESCA, que se celebrará o 14 de Setembro neste mismo
escenario, coa dirección técnica a cargo da nosa sociedade. Nesta
proba batiranse os 5 primeros clasificados dos seguintes torneos:
Cidade de Narón, Waldemar, Santiaguiño do Monte, Cibeira, Escola de
Alonso e Open Ribeira Sacra.
Os interesados na inscripción poden poñerse en contacto coa organización nos tel 615055041 ou 687717158.