sábado, 2 de agosto de 2014

V OPEN DE PESCA POR PARELLAS RIO MANDEO

CARTEL_MANDEO_2014

Matanza no río Tea

Un vertido de sosa caustica arrasa a vida acuática por cmpleto no río Tea ó seu paso por Mondariz dende a praia de Val cara augas abaixo.
Polo que contan amigos da zona a morte do cauce é completa nun bó tramo.
Como podedes ver resultaron afectadas todas as especies piscícolas do tramo: Salmón, troita, boga de río, lamprea e anguía. E prefiro non pensar nos efectos nas especies bentónicas e nos microinvertrebrados, que resultarían barridas do mapa.





Agora a esperar os dictámenes dos técnicos e buscar responsables.
E de imaxinar que falando deste producto esteamos a falar dalgunha instalación da administración ou fábrica, e polo tanto tamén é de esperar como é usual, que todo quede no esquecemento e sexa convintemente silenciado e amortizado. Non somos un país moi dado a buscar nin asumir responsabilidades. E senon mirade o exemplo de Monforte de Lemos hai cousa dun mes ...
Teño noxo de pertencer a un país que trata así ós seus ríos ¡¡¡