viernes, 9 de diciembre de 2011

Vamos gañando ¡¡¡ Indulto para os dinamiteiros

O camariñán condenado por pesca con dinamita, indultado
Outros catro acusados xa foran absoltos polo Tribunal Supremo, en novembro do ano pasado
Autor:
carballo / a voz
Data de publicación:
9/12/2011
Felipe Campaña Carril, o único camariñán da familia Lin que aínda tiña unha condena pendente polo emprego de dinamita na pesca, acaba de recibir o indulto do Goberno.
O Boletín Oficial do Estado publicou onte o decreto do Ministerio de Xustiza, tras a deliberación do Consello de Ministros, polo que se conmuta a pena de catro anos que tiña pendente por tenencia de explosivos (catro quilos de bombas de palenque e varillas). Outros catro acusados (os seus tres irmáns e a súa noiva) xa foran absoltos polo Tribunal Supremo, en novembro do ano pasado, e o propio Felipe tamén fora exculpado dun delito contra o medio ambiente, pero os maxistrados mantiveron a pena pola tenencia de explosivos. Felipe Campaña recibiu numerosas mostras de apoio á súa petición de indulto, entre firmas e escritos, ademais da unanimidade dos 13 conejales (8 do PSOE e 5 do PP, entón) da corporación municipal.

Así nos vai. Indultado...Manda truco ¡¡¡
E con todos os pronunciamentos favorables e soamente faltou que lle fixeran unha estatua no pobo por mártir.
Cada vez estou mais cabreado con este país que é quen de meter na cadea a un pobre home que mata un lagarto para comer ou colle unha planta medicinal (ambos protexidos) e deixa en liberdade a estes Xinetes do Apocalipse do mar.
Non vos preocupedes teremos noticias deles. Sexa coa aparición de sardiñas rebentadas na praia ou nas noticias do periódico tipo, pesqueiro fai unha pesca milagrosa de 10 toneladas de sargos, xa aparecerán.

15 números de Trueiro

Quince números, quince, nada menos, de Trueiro.
Son poucos ou moitos segundo se mire, pero o caso que aí está o 'trueiriño' a punto de entrar no seu quinto ano de vida despois de gañar moitos amigos, un premio xornalístico, unha denuncia da antiga directiva da Federación Galega de Pesca... Estes catro anos deron para moito.
Durante esta semana distribuíuse o xornal, modestamente, como todo o que facemos. Aguantar xa é un pequeno triunfo e somos a única publicación periódica imprimida do mundo da pesca en Galicia.
Estamos a preparar 2012, xa non só en canto ao xornal, senón no que respecta ao calendario de actividades do Grupo MiguelPesca, que como sempre será nutrido e variado.
Contamos co apoio desinteresado de moitos amigos que fan Trueiro. Todos o facemos, colaboradores, firmas, clubs, sociedades, lectores...
A eles, grazas, boa pesca e felices festas