Continuando coa xeira de visitas a ríos da comarca agora van unha fotos do Belelle e mais do Eume, xa do Domingo día 20.
No caso do Belelle a fervenza como sempre no defrauda, pero foi unha pena non visitala o día antes.
O do Eume xa foi espectacular. Ver o Canón deste río vertendo auga a canto podía é un espectáculo que enche os ollos.
A ver se rematan as obras dunha vez e aínda que non sexa este espectáculo natural, poidamos ver auga correr no tramo morto deste río, e que a vida volte a el. Aínda que moito me temo que si sairá uaga limpa polo sifón, pero cando abran as válvulas de fondo voltará a morte a este tramo de río e a todo o cauce ata a desmbocadura. 50 anos de lodos ácedos gardados no fondo do encoro non creo que sexan cousa boa para este parque natural.
Ó lío, velaívan as fotos. Perdoade a calidade pero a humidade e as chaparradas non se levan ben coa compacta, a pesar de que é submerxibel.
|
O Canón do Eume en toda a súa grandeza. Espectacular a fervenza que cae pola pendente rochosa. |
|
Unha estampa emocionante de cando un río volta á súa natureza orixinal, sen proceso domesticador. |
|
O río Eume despreciando a prisión que lle puxo o home. |
|
A Fervenza do Belelle dende o Castro de Viladonelle |
|
Pena que a fraga estea inzada de invasores |
|
Outra vista desta marabilla natural |