viernes, 25 de octubre de 2013

VI Premios Trueiro




O xurado dos VI Premios Trueiro, composto polo Consello de Administración, Consello de Dirección, Consello de Redacción e Consello Asesor do Xornal Trueiro, decidiron por unanimidade os Premios Trueiro deste ano:

  • Premio Línea Tensa ao Profesor Alejo Carballeira Ocaña, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Santiago e director do grupo ECOTOX.
  • Premio Donde Hay Que Estar a Javier Rois, Taracho, Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo de A Pontenova.
  • Premio Qué Pasa á Plataforma pola defensa do Sar.
  • Premio A Nosa á Armería Mago de Chantada. 
  • Premio Trueiro-Doctor Moralejo a Julio Gigirey.




No acto, proxectarase a nova producción da factoría da División Audiovisual de Trueiro, o documental “Pascal Cognard en Galicia” realizado durante a visita que o tricampión mundial realizou este ano para participar no Campionato de Waldemar.

Posteriormente ao acto, ao que se asiste por rigurosa invitación, servirase un cóctel.

sábado, 12 de octubre de 2013

A Confederación Hidrográfica atacando de novo.

Son uns putos cracks ¡¡¡
Non se me pode negar a reflexión.
Estes artistas (chamarlles técnicos sería un despropósito) que se adican a escarallar ríos dende os despachos son uns creativos non recoñecidos.
Xa teñen unha nova víctima, o río Eo.
Na súa teima de considerar o río coma unha canle que ten que desaugar con eficacia e eficiencia, e na súa teima tamén de facer as cousas sen preguntar, están a perpetrar unha nova machada.
Parece ser que necesitan recheo para remediar os danos que as últimas riadas fixeron na marxe esquerda da Ponte de San Tirso. Pois ben, no canto de coller do depósito que hai 50 m augas abaixo, pois van 500 m augas arriba, desbaratan unha illa colonizada por vexetación de ribeira, có talado previo da mesma, e seguramente desbaratando a tabla de salmón mais bonita do Eo: Fonte dos Pollos
Son uns fanómenos ¡¡¡
Apropiome da foto do compañeiro Jose María Maca, que é ribeireño e sufridor coma min das putadas que perpetran estes creativos ...
Como podedes ver a tala está feita. Só lles queda facer desaparecer a insua ...


Despois disto unha reflexión desde o cabreo que me invade. Como me fodan a tabla da Fonte dos Pollos (do que case non teño dúbidas) heime cagar na puta nai que pareu a algún. E xa que non arranque para Oviedo a repartir unhas patadas nos collós ...
Manda truco ¡¡¡
E despois piden que teñamos confianza nos técnicos?
Sei que quizais non son formas para compartir en público, pero creedeme, estou cabreado e indignado con este tema

miércoles, 11 de septiembre de 2013

PESCA PRESS-CAT 2013. Pirineos nunca defrauda

Os días 5,6,7 e 8 de Setembro, celebrouse no Pallars Sobirà (Pirineo Catalán) a primeira edición do encontro de prensa especializada de Cataluña.
Organizado por NaturaTV con Agustí Albiol coma cabeza de cartel e con Montse como a factotum que todo solventaba, tomamos a localidade de Guingueta d'Àneu como centro operativo, a pesar de que algunha xente estivemos aloxados en Spot (que está a unha carreiriña de can), localidades ambas na porta do Parque de Parque Nacional d'Aigüestortes-l'Estany de Sant Maurici. Non hai que olvidar o fundamental papel de Pepe Abril na representaciçon da SPE Guingueta-Espot.
Coa colaboración do Consell Comarcal do Pallars Sobirà, Ajuntament da Guingueta d'Àneu, Ajuntament de Espot, o Consorci de Pesca Alt Pallars , pescamos rios como A Nogueira Pallaresa, o Cardós, a Vallferreira ou o encoro da Torrassa.
Hai que falar tamén da activa colaboración prestada tanto polos establecementos de hostalería da zona, e polos guías de pesca que ofician na comarca, que se preocuparon de que nada nos faltara e de poideramos coñecer tanto os ríos coma a comarca.
Hai que decir que os fenómenos meteorolóxicos non se portaron ben de todo e soamente desfrutamos dunha relativa calma o venres, ata a tormenta da noite, que comenzou xustamente á finalización da xornada de pesca. O sábado soamente se puido pescar pola mañá un par de horas e pola tarde tivemos unha tormenta desas de gran aparato eléctrico que fixo que calquera intento de empuñar calquera instrumento fabricado en carbono ou grafito fora unha temeridade.
Despois de coñecermonos na cena de presentación asignouseme como guía a Xavi Tresserras. Aparte de ser un rapaz simpático e falangueiro soamente poido decir del que é un profesional coma a copa dun pino. Aparte de guiar pescadores na comarca adícase a realizar cursos de iniciación á mosca. E un coñecedor de tódolos ríos do entorno do Parque e poidovos asegurar que fora de que o tivera asignado pola organización foi como pescar cun compañeiro mais.
A abundancia de pesca nas masas de auga do Pallars-Sobirá é especialmente notable nas augas catalogadas como de pesca sen morte, que foi as que eu pesquei. Nos tramos do Cardós e do Noguera que se me asignaron o normal é ver en cada poza dde entidade un par de troitas kileras, un bó número de troitas  ''medianas'' e un sinnúmero de alevíns que falan ás cheas do saludable da pirámide poboacional destas augas. Nada que ver coa imaxe que permanecía na miña cabeza, producto de ler as crónicas das revistas especializadas que durante os anos 90 falaban de sobreexplotación e de pescadores chegados de Francia para arrasar estes ríos.
Abundando neste tema decirvos que hai unha gardería abundante e atenta. Comentar que cando pescamos no Cardós, non tardou a gardería en presentarse para identificarnos non mais de 20 minutos.
Bueno , pois ata eiquí un pouco os antecedentes e impresións destas xornadas. A partir de eiquí tirarei das fotos para ilustrar o que foi o encontro.

Recepción de participantes
Os Artesáns levamos un regalo para Agustí
Hotel en Spot




Elenco de guías e participantes antes da salida do 1º día

Río Escrita en Spot ó pé do hotel
Vista da zona do parque dende Spot
Pescando en Cardós con Xavi Treserras
A miña 1ª troita pirenaica. Pequena pero con xenio
Detalle da troita anterior
Outra botada do Cardós

Cambio de escenario. Nogera Pallaresa por riba da Guingueta. Fixadevos na feitura do río. Non vos recorda á configuración de moitos dos ríos galegos na zona intermareal?

Nesta zona collín a miña 1ª arcoiris naturalizada. Como podedes ver sábelles o bicho galego


 Outra arcoiris meirande e que quería ir ¨a lo loco¨ para as cañotas do fondo


Poidemos ver que o río está sano pola presencia de habitantes moi especiais. Natrix maura sesteando no fondo do río
O sabado pescamos Llavorsí, onde se xunta o Noguera Pallaresa có Cardós. Esta zona está chea de troitas repobladas (autóctonas) que pican ó bicho sen recato

Aproveitamos esta zona repoblada para facer tomas para Natura tv. Quen leva a vez ...
Pescando á par con Joaquín España. Cando son amigos sempre sobra sitio



Como se pode ver o bicho radioactivo fixo estragos entre as repobladas

E como tamen se pode ver nas ribeiras do río hai bechos de tamaño similar ós radioactivos que usamos
Acto de clausura das xornadas no multiusos da Guingueta
Falou o alcalde da Guingueta
Falou o presidenta da FEP Jose Luis Bruna
Tamen falaron Pepe Abril e Agustí Albiol, os verdadeiros artífices deste encontro

Pepe tamen tivo tempo entre tanto traballo de botar unhas varadas
Como epílogo poñer un dos grandes trofeos naturalizados que había no salón multiusos da Guingueta


Finalmente decir que as paisaxes da zona son de fábula, que os ríos están sanos e con troitas a pesar da sangría a que os somete o sector hidroeléctrico e que se ides ides atopar uns guías profesionais que non desmerecen en nada ós de zonas mais publicitadas.
Quizais todos estes activos estean a poñer a esta comarca no camiño da profesionalización da actividade da pesca. Esperamos que así sexa e que poida competir con xusticia con outros destinos centroeuropeos de montaña que nada lle teñen que envexar.
E outra cousa que e gustou da zona. Non é simplemente un destino vacacional e aínda hai vida e usos tradicionais. Por canto tempo ....
A resposta coma sempre nas mans dos políticos ...



domingo, 11 de agosto de 2013

Vai unha de currantes dos ríos. Xornadas de limpeza de troiteiros de Furelos



O dito, neste caso non vou falar de desatres nos ríos, de técnicos ''imaxinativos'', ou de rompecollós administrativos varios.
Imos falar dun grupo de xente que ama ó seu río coma se fora a súa casa ou a súa horta e como tal o coidan.
Tiven a oportunidade de botarlles un cabo unha vez e a verdade é que son unha manda de leóns traballando que teñen o Furelos feito un xardín e que non descansan ata que o ven brilar.
Ver o Furelos resplandecer como hai vinte anos cando eu o coñecín, seguramente teña moito que ver có traballo destes bós amigos.
Anímovos a que lles fagades o traballo mais levadeiro e a facer do Furelos un río mais grande do que xa é. Con xente coma esta dun regato faríase un cauce salmoneiro.
Sorte amigos

jueves, 25 de julio de 2013

Traxedia na Galiza no seu día grande

Hoxe Galiza debería ser unha festa. E o seu día grande. O do seu patrón en Compostela, que é á súa vez o da nación.
Pero a cousa non está para celebracións.
Chove e as bagoas son negras.
No día de onte un tren que entraba en Compostela con destino Ferrol, descarrilou e deixou tras de si un rastro de door e desesperación, cun resultado de 78 persoas mortas e 140 feridos.
E o día que tiña que ser de festa e celebración, transformouse nun pozo de tristura e bágoas.
Tempo haberá de buscar responsables e culpables, pero polo momento temos que ser unha pina e arroupar a todos aqueles que moito perderon nesta traxedia.
Vaia o meu apoio para todos eles.

jueves, 18 de julio de 2013

E XA VAN 10 ANOS DE WALDEMAR

Pois, iso que esta edición o torneo de pesca ''mas mejor'' do mundo mundial (a pesar de que o meu corazonciño está con Xuvia) cumpría a decena.
E a cousa non desmereceu. Non o dubidabamos, pero non desmereceu. Oscar e Juliño sempre dándolle unha volta de fuso mais e sen engañar o rumbo.
Fumos xente de case todo o panorama da pesca galega. Non vou citar a todos os clubes e xente, que é algo moi feo iso de esquecer a alguén, e mais cando é un amigo. Porque algo que distingue a Waldemar de outros eventos é precisamente que é unha grande reunión de amigos. Amigos que se deixan a pelexa competindo, pero que cando o rival remata a manga, son quen de darlle unha aperta e felicitalo de todo o corazón.
E logo a choiva de estrelas. Sin demerecer do primeiro ó últmo dos que competiron, ter entre eles a un crack coma Arcay exercendo de Campión do Mundo, e de paso gañado o torneo, e un tricampeón como Pascal, entre o elenco, non deixa de ser un luxo asiático.
Bueno, iso para os que compiten.
Para os que non o saben en Waldemar aparte de poñerte ó nivel dos grandes, de disputar no río con eles, tamén se pode optar por outra vía. E esa é o Xeriátrico.
Esta institución, creada dende o comezo dos tempos de Waldemar, ven sendo un ceminterio de elefantes onde recalamos os que pensamos que a competición está ben e é necesaria, pero non é é para nos nin para os nosos bioritmos ...
Estar pescando con Guy, aprendendo có mestre Longo, e rindo a morrer con Piñeiro, non é un prato que che poidan ofrecer en moitos sitios. E o mellor é que hai un momento que as tres funcións dos tres mestres solápanse, e podes estar cun Guy que é un cachondo, rirte con Longo e aprender con Piñeiro.
Se algo lamento profundamente, é que o ano que ía coincidir có Doctor no xeriátrico, este deixounos para pescar naqueles ríos onde o peixe nunca para de picar.
E despois a mesa. A mesa de Waldemar é algo así como estar o día do patrón coa túa avoa coidando de ti. Pero neste caso xa Mónica, Oscar e todo o seu equipo xa fan de avoas. Come, neniño, come ¡¡¡
En fin que mais decir sin ser un pelota.

Graciñas por todo

E a continuación, deixando de pelotear, vou ilustrar o que aló pasou. Unhas fotos nunca veñen de mais.

e as canas xuntáronse de novo
e as festas gastronómicas comezaron
e non eramos poucos
e as noites e a paparota fixeron das súas
e viñeron os do xuvia
e no xeriátrico algunha se enganou có bicho radioactivo
e pola noite falou Torres
e invadíronnos os alieníxenas
e Juliño fixo de mestre de cerimonias como el sabe
e Arcay tocou o corno
e gañou a 10ª edición do mellor torneo de pesca
e nomeamos misters
e as bicicletas cairon ...
e o gran Longo trouxo cuadros con arte
e Miguel quixo revalidar e driblou todo o que puido
e viñeron tódolos Mera que no mundo son
e houbo a quen lle recordaron a súa (breve) incursión no mundo das catro rodas
e o padre Longo celebrou os Misterios dos Macroinvertrevrados
e acordamos dos San Fermines polos que de aló viñeron
e despois de todo isto, que San Antoniño nos valga ...