martes, 10 de junio de 2014

Hidroaysen non estragará a Patagonia chilena

Pois iso, que o mundo está de noraboa. Finalmente o Consello de Ministros chileno desbotou a posiblidade de que que estes cabroncetes de Hidroaysen, deixen a Patagonia chilena como o noso Pai Miño e o seu afluente o Sil: Embalsamada
Impúxose o ben común e o proxecto de destruir un dos ecosistemas fluviais mellor conservados do mundo queda no papel.
Felicitar a tódolos chilenos que se significaron nesta loita e felicitalos por non permitir cometer no seu país os erros que xa cometeramos por eiquí hai moitos anos.



Enlaces ás noticias de varios medios:
http://www.bbc.com/news/world-latin-america-27788286

http://www.lasegunda.com/Noticias/Nacional/2014/06/940852/Comite-de-Ministros-resuelve-hoy-el-futuro-de-Hidroaysen

http://www.eldinamo.cl/2014/06/10/ahora-hoy-comite-de-ministros-decide-futuro-de-hidroaysen/



Esperemos que a Patagonia que coñezan os nosos netos sexa esta e non os ríos embalsamados ós que tan afeitos nos teñen os artistas de ENDESA e os seus amiguitos e lacaios como a inefable Elenita Salgado, metida nesta allada ata as trancas ....

viernes, 23 de mayo de 2014

Comenza a tempada de verquidos. Esta vez tocoulle ó Cabe

MAS DE 300 TRUCHAS MUERTAS EN UN TRAMO DE 100 METROS Y DECOMISADAS PARA QUE NO HAYA IMAGENES

Vertido y muerte en el Cabe, Monforte

La sociedad Val de Lemos, testigo de la aniquilación de un tramo de su acotado.

Fotos de Hector Suárez
 
Trueiro  |  23 de Mayo de 2014 (11:54 h.)
 
Un vertido más asola los ríos gallegos. En esta ocasión, recordando a la infamia del Xallas, incluso decomisaron peces muertos para que no salgan en las imágenes, pero gracias a la labor de la sociedad Val de Lemos estas son las evidencias y la opinión de quien siguió el vertido desde que tuvo noticia del mismo.
Imagen de unos peces muertos como consecuencia de los vertidos en el Cabe, Monforte. 






















A opinión de Héctor Suárez

Todo sucedeu cando un paseante avisa de que habia troitas mortas no rio. De seguido dous socios da sociedade val de lemos desplazabamonos rapidamente pra comprobalo.........unha imaxe que nunca esquezerei. Mas de 300 troitas mortas nun tramo de 100 metros. Dispos de ver os axentes de medio ambiente recollendo as troitas ( sera por que non o queren sacar a luz ou cal e o motivo da retirada de troitas) faltaban os axentes do seprona...que non apareceron en toda a maña. A tarde esperando a tvg pra ensinar unha docea de troitas que eu mesmo recollin, decomisabanmas pra que non as enseñara na television....preguntaban si non nos fiabamos diles , e dixenlle que como nos iamos fiar se estan dicindo que morreron 100 troitas, senos mesmos contamos 300 en 100 metros de rio. Casualidade? Intereses politicos?. Nos solo pedimos que o culpable pague, pero que o obrigen a cumplir a sanción, a repoblar o río que tanto traballo deu e que agora acabou desta maneira.
Gracias por todo trueiro

domingo, 18 de mayo de 2014

Piscifactorías de troitas e morro ...

Río circuitado e sen ceibar unha soa gota de auga polo labio de presa dende Abril ata Outubro. Presa sen escala de peixes. Vertido de augas sen decantación.
E a señora Arregui ponse a falar de inxusticias e de modelos matemáticos incorrectos...
Resulta señora Arregui que isto que lle piden xa o tiñas que cumplir segundo a lei de pesca de 20 de Febreiro de 1942. Sóalle esta normativa? Ou leva tanto tempo incumplídoa a súa familia que xa lle é descoñecida?
E inda por riba permítese facer interpretacións do que implica a Normativa Marco da Auga.
Igual se tiveran dimensionado a planta conforme ás capacidades do río que explotan e non mantiveran unha flagrante ilegalidade por cinco décadas, non se verían así. 

E agora a noticia. Espero que a periodista levara unhas boas troitas da planta, porque parece un publirreportaxe. Iso si, de falar da outra visión e das ilegalidades nas que leva enredando a planta todo este tempo, ni chío.

El caudal ecológico amenaza a la mayor piscifactoría gallega de trucha

La Xunta exige un nivel que hace inviable el funcionamiento de la planta

3 votos
Las instalaciones que Tres Mares posee en Lires ocupan 97.000 metros cuadrados y en ellas trabajan 70 empleados.
Las instalaciones que Tres Mares posee en Lires ocupan 97.000 metros cuadrados y en ellas trabajan 70 empleados.
Castilla y León desbancó hace unos años a Galicia como líder en acuicultura continental de España. Desde entonces, la trucha gallega intenta remontar el río para recuperar su cetro, pero no encuentra más que obstáculos. Superó el problema del canon de saneamiento, que a punto estuvo de ahogar a todas las empresas con unas tasas desorbitadas y que, además, no tenían -ni tienen- que abonar competidores como los castellano-leoneses o los aragoneses. Rebasó también la amenaza del reglamento de especies exóticas, que señalaba como extraña a la trucha arcoiris -y por ende prohibía su cultivo-, a pesar de que lleva asentada en España varias décadas. Aún más dificultades: la competencia desleal de la trucha turca, que dejó en la quiebra más absoluta a decenas de empresas. Las últimas seis, tres de ellas gallegas, echaron el cierre el año pasado.
Ahora la trucha encuentra un nuevo escollo en su remonte: la intención por parte de la Xunta de imponer un caudal ecológico. Un requisito que vuelve a poner en jaque a muchas piscifactorías gallegas y que amenaza de lleno a la que es la mayor de Galicia: la que el grupo Tres Mares tienen en la parroquia de Lires (Cee), bebiendo del río Castro. Estas son sus cifras: 97.000 metros cuadrados, de los que 38.000 se dedican a superficie útil de cultivo; 2.200 toneladas de truchas el pasado año, 70 empleados directos y en torno a un millar indirectos y 5,61 millones de euros de facturación en el 2013, cayendo desde los 100 trabajadores y 9 millones.
Modelo inadecuado
El caudal ecológico se supone que se impone para cumplir con la directiva marco del agua, que España debe acatar antes del 2015. Pero las empresas alegan que no es eso lo que pide Europa. Dicen que la Xunta ha ido mucho más allá de lo que reclamaba Bruselas y que, además, se ha calculado un caudal ecológico basándose en datos «que no son reales, sobrevalorando el caudal natural de los ríos», sostiene la empresaria Luz Arregui, directora de calidad de Tres Mares.
El problema es que Augas de Galicia ha empleado un modelo matemático (denominado SIMPA), que no funciona bien en los ríos cortos y de abundancia tan variable como los gallegos. Así es que, según las compañías, se ha calculado el caudal mínimo que debe llevar un río como el Castro como si fuera el mismísimo Tajo. ¿El resultado? Que la Xunta pretende obligar a Tres Mares a devolver en verano 400 litros al río cuando, en época estival, el Castro no lleva esa cantidad de agua ni por asomo. Un absurdo que puede acabar poniendo en jaque a la piscifactoría ceense.
Luz Arregui apunta que las piscifactorías de trucha no consumen agua, sino que simplemente la utilizan y la devuelven. Y en el caso concreto de Tres Mares, hay un período que abarca de junio a octubre, los meses menos lluviosos, en los que no se hace prácticamente nada. «Los peces no se trasladan, no se les engorda, no se les vacuna, simplemente se los mantiene con el alimento justo para que no haya problemas de bienestar animal y se recircula el agua, pero eso es una cosa y otra es que, en verano, nos obliguen a liberar más agua de la lleva el río», explica la directora de calidad de la piscifactoría gallega.

jueves, 8 de mayo de 2014

20 Anos xa do 1º Trofeo de pesca Cidade de Narón


20 Anos xa do 1º Trofeo de pesca Cidade de Narón

Da mesma maneira que no últimos 20 anos imos organizar este ano o XX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA , a súa data de celebración vai ser ó igual que en edicións anteriores o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .
Puntuarán únicamente troita e reo, sendo o cebo de libre elección para o participante.
Sinalar que dentro destas actividades de xestión que se levan a cabo ó longo do ano e que realizan socios da sociedade encóntranse as de limpeza de marxes , eliminación de lixo do cauce e restauración de graveiras de freza
PROGRAMA:
  • 7:30 Concentración no bar aOs Rubios (A Mourela-Neda)
  • 9:00 Inicio da proba
  • 13:45 Entrega de capturas e pesaxe na nova sede Social do Lugar de Cerdeiras

Por último anotar que a actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar na Feira do Trece en Sedes (Narón) a apartir das 15:00 h.onde nos acompañarán os participantes dos campionatos de caza san Huberto e Rastro de Xabarín Cidade de Narón, tamén organizados por esta sociedade.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante , posto que o concurso ten carácter aberto por estar patrocinado polo Padroado de Deportes do Concello de Narón.
En ámbolos dous casos , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de oficina é de 20.00 a 21.00 h. Os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba1@terra.es
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262



lunes, 5 de mayo de 2014

Radio Galega e soberbia


Decía nun artigo que publiquei en Trueiro, citando a Sócrates ''O orgullo enxendra ó Tirano''

Pois ben, non debía estar moi desatinado o ateniense hai 2400 anos cando sentenciou desta maneira.
O caso é que a realidade é teimuda e o tempo corre en contra do soberbio e do mentireiro

A estas alturas sairon os datos do EGM (Estudio general de medios) e concluén que logo da artistada perpetrada entre a inefable directora da Radio Galega e á súa 2ª de abordo a tal Gloria Ferreiro, directora de programación, para sacar de antena o programa Ríos e Montes e sustituilo por outro ''mas mejor'', as cousas non sairon como pretendían vendernos e todo foi un soño dunha noite de vrao.
Os datos da 1º oleada do EGM son claros. O novo programa que evn a sustituir a Ríos e Montes, chamado Caza e Pesca na Galega, non acadou nin un só ouvinte neste estudo.
Espero que neste caso se entoen lamentacións e desculpas varias, pero non que se asuman responsabilidades. Non é o estilo de Españistán ¡¡¡
En calquera caso, e logo de dilapidado o capital de 42.000 ouvintes do programa anterior, non me queda desexarlle ó Rapsoda de Vimianzo mellor sorte na próxima virada. E que ultimamente non lle sae unha a dereitas e anda o probe algo desbaratado ...

Xa o decía o sumiller. Os experimentos...Con gaseosa ¡¡¡

FOI TODO COMA UN SOÑO


martes, 29 de abril de 2014

PESCA E PROHIBICIÓNS. TÉCNICOS EN ESTADO PURO


Como parece que a cousa está a quentarse e xa algún preboste estivo a dar pistas (parece que segundo el está a cousa moi permisiva) propoño facer unha porra para ver cales poderían ser as próximas prohibicións pesqueiras que se lles ocurran en Gran Hermano ...


Eu vou abrir lume coa prohibición da pesca do reo no mes de Setembro.


No seguinte enlace podedes ver (minuto 45) como o sempre sen sin par D Francisco Hervella, a la sazón e segundo o seu perfil en Linkedln, Técnico superior ambiental da Dirección Xeral do ramo, defende o remate das segundo el, medidas aperturistas na pesca do reo.


Segundo el a cousa está moi mal en toda Galicia. Recoñece a falta de datos porque segundo el o sistema de guiado non é en absoluto fiable. Iso si, di que a abundancia de peixes e o seu tamaño descenderon, polo que hai que rematar coa actual alegría, pero xa (ai, o aperturismo ese ...).

Non tiña pensado nin siquiera contestarlle, pero como sei que o silencio dos pescadores e as sociedades fai fortes a estes artistas diante dos seus xefes, si o vou facer. A todo este dislate se me ocurren un par de reflexións:


  • En primeiro lugar recoñece que o guiado como sistema estadístico non funciona. Pois ben, senon é útil elimíneo. No caso contrario, incremente a presión de vixiancia para facelo útil, pero non faga de trailero e nos trate de enganar con bolas inexistentes.
  • Outra mais.  Fala de datos de capturadeiro. Eses datos ata onde se pode saber serán os do Ulla, polo tanto con datos parciais (unha soa bacía fluvial) e sesgados non me faga xuizos de valor para extrapolar unha medida ''contraaperturista'' a todo este país. O dos datos sesgados o digo porque non hai moito tempo se sabía que os datos deste capturadoiro non son digamos ''de fiar''. A desaparición de salmóns e lampreas do seu interior, paleados por un peón, fanme supoñer que os reos grandes seguiron idéntico fin. E isto durante varios anos. Que valor de serie estadística pretende invocar con estes precedentes?
  • Item mais. Se no caso de ríos como o Xuvia, claramente aumentou a entrada de migradores, no caso reos, pretende aplicarle tamén a ''limitación do aperturismo'' esa que propugna?
  • E finalmente. Poden as súas consideracións persoais e o seu ultraconservacionismo afectar á practica da pesca a pesar de que recoñece a súa falta de datos, coa excepción dun cauce fluvial?

Espero que todo isto se quede nun quecemento de boca que tivo nun medio público, onde o tono inquisidor que se lle espera a un periodista, foi claramente rebaixado nesta nova etapa. Con eses palmeros pode vostede decir todo o que lle dea a gaña, que en ningún caso as súas respostas se verán comprometidas por preguntas inoportunas e críticas.
O que me molesta de todo isto, é que en 19 anos de exercicio na administración galega as súas propostas sempre foron neste sentido. É vostede contumaz, pero da liña dura.
Está claro que os seus obxectivos son os Atilas da cana e o Nylon, que evidentemente superan en perigosidade ó resto de factores, sen ningún xénero de dúbidas.

E estas son as miñas preguntas. Como colofón non se me pode ocurrir outra cousa que poñer un retrato dun Equus asinus africanus. Non mo tome a mal, e que un artigo sen fotos nesta sociedade tan visual na que vivimos, pois non quedaría ben.



Citando a Senén Paz: A xenialidade é un restrinxido patrimonio 

lunes, 28 de abril de 2014

Master de Waldemar en proceso de ebullición ¡¡¡

Para os que me coñecedes xa sabedes que ir ó Waldemar é como unha especie de relixión, que profeso con mais fe que outras apócrifas e falsísimas e que non teñen consideración pola pesca a mosca.
Como nos últimos anos e seguindo fiel ó que para min é a pesca, non competirei, e adicarei tódolos meus esforzos a estar cós amigos e facer canfurnada. Por iso, e para non molestar ós que se van batir o cobre, retirareime ó Xeriátrico en compaña da miña rapaza e de Piñeiro, Guy, os Longo e todos aqueles que levamos a pesca ''a outro ritmo'', nen mellor nen peor.
Pois iso , que eiquí tendes a cartelería e nus días colgarei as fotos do evento.
Por certo, quedou bárbaro có fondo de De la Torre, por su madre ¡¡¡