20 Anos xa do 1º Trofeo de pesca Cidade de Narón
Da mesma maneira que no últimos 20 anos imos
organizar este ano o XX TROFEO CIDADE DE
NARON DE PESCA , a súa data de
celebración vai ser ó igual que en edicións anteriores o día
17 de Maio , Día das Letras Galegas ,
no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de
Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto
troiteiro de Xubia .
Puntuarán únicamente troita e reo, sendo o cebo de
libre elección para o participante.
Sinalar que dentro destas actividades de xestión que se
levan a cabo ó longo do ano e que realizan socios da sociedade
encóntranse as de limpeza de marxes , eliminación de lixo do cauce
e restauración de graveiras de freza
PROGRAMA:
- 7:30 Concentración no bar aOs Rubios (A Mourela-Neda)
- 9:00 Inicio da proba
- 13:45 Entrega de capturas e pesaxe na nova sede Social do Lugar de Cerdeiras
Por último anotar que a actividade rematará cunha
comida de confraternidade que terá lugar na Feira do Trece en Sedes
(Narón) a apartir das 15:00 h.onde nos acompañarán os
participantes dos campionatos de caza san Huberto e Rastro de Xabarín
Cidade de Narón, tamén organizados por esta sociedade.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a
posibilidade de inscribirse coma participante , posto que o concurso
ten carácter aberto por estar patrocinado polo Padroado de Deportes
do Concello de Narón.
En ámbolos dous casos , rogamos que se poñan en
contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición ,
que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que
aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de oficina é de 20.00 a
21.00 h. Os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o
correo electrónico arrotreba1@terra.es
Tamén se pode contactar coa organización do
concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262