jueves, 11 de julio de 2013
lunes, 1 de julio de 2013
Crónica do XIII Campionato de salmónidos Mosca Cidade de Narón
XIII Cidade de Narón Campionato de Salmónidos Mosca
Fotos: Miguelpesca, Avelino Lago, Miguel Canto e propias
En data 29 de Xuño
celebrouse o Campionato de pesca con Mosca Cidade de Narón
organizado pola Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
O lugar da competición foron
os coutos troiteiros do río Xuvia: Couto de Xuvia e Couto de San
Sadurniño sen morte.
Contouse coa participación dun
total de 34 pescadores, chegados tódalas provincias galegas.
A proba deu comenzo ás 9:00 h,
logo de unha reunión para o almorzo e entregar a documentación ós
participantes no Bar Os Rubios de Neda.
Reseñar que entre o elenco
de participantes atopábanse varios membros da selección galega de
pesca., entre os que se atopaba o actual campión do mundo da
especialidade, o coruñés David Arcay. Tanto este feito como a
presencia de outros pescadores de recoñecido prestixio dáballe un
elevado caché á proba, trascendendo o seu inicial espíritu de
campionato social.
A proba desenvolveuse con total
normalidade, cun número abondoso de capturas (319) para
o que acostuma a ser un campionato.
As condicións de partida do
campionato eran complexas pola presenza dun molesto nordés dende o
comenzo da manga da mañá. Nembargantes o bó nivel de auga do río
e a súa claridade fixeron que as condicións entre os pescadores que
optaron pola ninfa na súas diversas modalidades e os que optaron
polas moscas secas, estiveran bastante igualadas
No mediodía houbo unha parada
técnica para repoñer forzas nun xantar na Parrillada Riboira de
Lamas.
Destacar de entre as troitas
capturadas un fermoso exemplar de 50 cm que lle deu a Vicente Pico o
premio á peza maior. Exemplares como este son xa raros de capturar
nun día de pesca común, pero excepcionales durante un torneo de
pesca
Finalmente
a clasificación que dou como segue:
|
1º
Vicente Pico
|
|
2º
Alberto Mera
|
|
3º
Rafa Bellas
|
|
Peza
maior Vicente Pico
|
|
|
A entrega de premios tivo lugar
no Bar O Carreiro de Neda.
Expresar o noso agradecemento a
tódolos participantes e colaboradores na organización do evento.
Recordar finalmente, que os
cinco primeiros clasificados neste campionato, acadan o paso ó
Master de Campións Miguelpesca, que se celebrará, no couto de
pesca sen morte de San Sadurniño, en data 14 de Setembro. Neste
Master bateranse os mellores pescadores dos concursos oficiosos que
se celebran en Galicia
Ata eiquí a crónica oficial, a que mandas á prensa é os amigos que teñen blog e páxinas para facilitarlles un pouco a laboura.
Agora ven a miña impresión persoa e a miña experiencia no campionato.
O río, salvo tramos puntuais ía feito un pincel. Con auga para ninfa en tramos e con augas mansas para seca noutros. Ninguén pode queixarse da pista de xogo, había escenarios para todos, iso si, tramos excelentes noutros anos, e repletos de troitas, este ano eran impescables polo nivel das presas.
Noutra orde de cousas o día de sol e calor en momentos, en certos momentos transformouse nunha tortura, pola nordesía que facía rebotar as moscas en baixos longos.
Item mais. Tiven a sensación en certos momentos de que as troitas estaban mais pendentes ó que caía dos ameneiros, que ás propias eclosións.
Na primeira manga tocoume un tramo espectacular, a antiga presa da Fabián (piscifactoría) hoxe felizmente derrubada polas riadas e que é un escenario de ensoño. Teño que recoñecer que pasei unha hora e 45 minutos de tortura. Rexeitaban o bicho, rexeitaban moscas varias, rexeitaban os tricos. A madre que as pareu ¡¡¡
Pero a 15 minutos e 50 metros da finalización, deulles unha aventada e comenzan a picar á Universal tuneada. E apañei 4, unha ben fermosa. E rinme de min mesmo ...
No tramo da tarde, xa no sen morte e levando de controlador a Papito, cambian as tornas. Segundo me meto na auga, véxome rodeado de troitas, as mais coa barriga pousada no fondo. De novo a Universal tuneada comeza a facer estragos e apaño 6 de medida e dúas pequenas antes de chegar á estación de caudais. Neste punto se bota unha rebañada de vacas a beber no río e paran de picar. Achaco o feito á feirada das vacas, pero non era así.
Cando paso a Ponte da Estrada de Ortigueira as miñas sospeitas confirmanse. Non pica a primeira ¡¡¡. Sigo ata a presa de Mera. Neste tramo o normal é cribar unha dúcia de troitas, tal e como estaban picando abaixo. Nin caso. Revolco soamente unha. Non se cree que sexa o mesmo tramo que fervía hai un rato.
Decepcionado remato o tramo e controlo no seguinte tramo. E entra Papito. E non se equivoca nen monea. Lee perfectamente o que veu mentras controlaba e pesca as troitas pegadas no fondo. Pero el faino con ninfa. E apaña 13. Grande o Retobato das Pontes ¡¡¡
Sucedidos do día:
Piñeiro no medio da tabla de clasificacióne iso pescando por compromiso como reserva. Miguel noraboa, pero que saibas que si ben a Virxe se lles aparece ós tontos, iso non é para sempre ...
Item mais. Pinchazo do Campión do Mundo. Non tivo o día e non se adaptou ós tramos que lle tocaron. David, non te preocupes, cocecémoste de hai moitos anos e sabemos quen eres e o que rindes. Un grao non fai horreo. Non obstante recorda que ós conquistadores romanos cando entraban no foro lles poñían un escravo que lles decía: Respice post te, hominem te esse memento (“mira cara atrais e recorda que solamente eres un home”). O Xuvia fai humildes a moitos grandes e desta vez tocouche a ti.
O abalorísimo de Papito. Podería decir moitas cousas, pero para os que din que no Xuvia non quedan troitas, voulles poñer o video de M Canto.
E todo isto, rematado por uns pinchos servidos con mestría por Juan do Carreiro, con percebes de Cedeira colleitados por un percebeiro que é socio da sociedade, e por unha entrega de premios copada polos Tres Soles do Paragüai, foi o que houbo.
Bueno, minto. Despois tamén houbo copas e Festa Ibicenca nos Rubios, pero esa é outra historia e pouco publicable....
martes, 25 de junio de 2013
XIII CAMPIONATO DE PESCA DEPORTIVA “SALMÓNIDOS MOSCA - CIDADE DE NARÓN”
A
“Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia” organiza para o próximo 29
de Xuño o XIII Campeonato de Pesca Deportiva “Salmónidos Mosca
– Cidade de Narón”, que se celebrará nos cotos de Xuvia e
San Sadurniño, ambos no río Grande de Xuvia.
O
torneo, extenderase ó longo de todo o día e será en la modalidade
de pesca sen morte, isto é, capturado o peixe, este é medido,
desanzólase e inmediatamente é devolto ó agua.
A
concentración para o inicio do campeonato será no Bar Os Rubios (A
Mourela-Neda) ás 7:30 onde se procederá á entrega da documentación
e asignación de tramos.
Coma
escenarios deportivos usaranse os coutos de pesca San Sadurniño sen
morte e de Xuvia.
Destacar
a participación de varios campións de pesca deportiva a tódolos
nineis (autonómicos, provinciais e inclusive nacionais). Contará
tamén coa presencia de varios miembros da actual selección galega
de pesca e inclusive có vixente campión do Mundo de Pesca a Mosca,
o coruñés David Arcay. É, polo tanto, o campionato social de maior
nivel de participación de Galicia, tanto a nivel cualitativo como
cuantitativo.
Desta
proba sairán os cinco primeiros pescadores que se clasifiquen para
participar no campionato provincial do próximo ano.
Estes
cinco primeros clasificados tenrán opción a participar no OPEN
MIGUEL PESCA, que se celebrará o 14 de Setembro neste mismo
escenario, coa dirección técnica a cargo da nosa sociedade. Nesta
proba batiranse os 5 primeros clasificados dos seguintes torneos:
Cidade de Narón, Waldemar, Santiaguiño do Monte, Cibeira, Escola de
Alonso e Open Ribeira Sacra.
Os interesados na inscripción poden poñerse en contacto coa organización nos tel 615055041 ou 687717158.
Festa do Reo no Santiaguiño do Monte
Este finde tivo lugar o trofeo Santiagüiño do Monte de Pesca a Mosca que organiza o
Club W. Latorre de Padrón nos coutos do Sar e Rois.
Esta foi a clasificación
CLASIFICACIÓN:
1º.-
Fernando Lorenzo
2º.- Julián Nieto
2º.- Julián Nieto
3º.-
Luís Piñeiro
Reseñar o bó número de reos, algún de bó tamaño, que contan os que aló estiveron que se capturaron na proba.
E por riba parece que o pasaron de vicio e os trataron coma príncipes.
Luispi e o seu equipo coma sempre ó máximo.E por se non fora pouco, sube ó podio para ensinarlles quen manda no Sar.
sábado, 15 de junio de 2013
martes, 11 de junio de 2013
Concesión da subvención Rede Natura 2000 para inicio do Centro Ictioxénico do Xuvia
Fonte: Diario de Ferrol
Enlace:http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/naron-el-concello-rehabilitara-el-interior-del-molino-pequeno-de-pedroso/20130611001846049175.html
NARÓN - El Concello rehabilitará el interior del molino pequeño de Pedroso
NATALIA VALIÑO FERROL |
Actualizado 11 Junio 2013 - 01:00 h.
el proyecto contempla
la construcción de una escala para el remonte de los salmones jorge
meis
El
Concello de Narón, a través de la Concellería de Medio Ambiente e
Urbanismo, procederá al acondicionamiento y puesta en valor del ámbito
biológico del molino pequeño de Pedroso. Un proyecto para el que la
Xunta de Galicia ha aprobado una subvención de 17.000 euros dentro de la
convocatoria de ayudas de la Red Natura 2000.
Según señaló el responsable de este departamento municipal, Manuel Ramos, la intervención, valorada en 23.000 euros supondrá la recuperación del interior de este molino, uno de los dos de titularidad municipal, que se deterioró a causa de las continuas riadas y crecidas del río registradas durante el pasado invierno. La actuación también contempla la puesta en valor del entorno, una pequeña área recreativa dotada de bancos y mesas que el Concello pretende acondicionar.
El proyecto también contempla una vertiente del ámbito biológico de la zona con la construcción de una escala salmonera que permita el remonte del río de los salmones.
El concejal de Medio Ambiente indicó que el Concello está ahora a la espera de una autorización de Augas de Galicia para el inicio del expediente de la actuación.
Pero Narón no ha sido el único municipio de la comarca en beneficiarse de esta línea de ayudas. La Xunta de Galicia dejará en las comarcas de Ferrol y Ortegal 64.000 euros en este concepto que se repartirán entre seis localidades. En Cariño se procederá a la limpieza y acondicionamiento del camino de Esteiro a Feás; mientras que en Neda la ayuda se destinará a la instalación de un vallado de protección en la ribera del río Castro, a su paso por el área recreativa de A Cobeluda.
El Ayuntamiento de Ortigueira llevará a cabo la limpieza y señalización de caminos al pie del LIC Ortigueira-Mera; mientras que las subvenciones concedidas para San Sadurniño y Valdoviño irán destinadas a la reparación de un vial en Castro-Cando y al acondicionamiento de las pasarelas en las dunas y arenales, respectivamente.
El importe máximo de las ayudas es de 20.000 euros, partidas que están recogidas en el presupuesto de más de dos millones de euros que la Xunta destinará a la Red Natura 2000.
Según señaló el responsable de este departamento municipal, Manuel Ramos, la intervención, valorada en 23.000 euros supondrá la recuperación del interior de este molino, uno de los dos de titularidad municipal, que se deterioró a causa de las continuas riadas y crecidas del río registradas durante el pasado invierno. La actuación también contempla la puesta en valor del entorno, una pequeña área recreativa dotada de bancos y mesas que el Concello pretende acondicionar.
El proyecto también contempla una vertiente del ámbito biológico de la zona con la construcción de una escala salmonera que permita el remonte del río de los salmones.
El concejal de Medio Ambiente indicó que el Concello está ahora a la espera de una autorización de Augas de Galicia para el inicio del expediente de la actuación.
Pero Narón no ha sido el único municipio de la comarca en beneficiarse de esta línea de ayudas. La Xunta de Galicia dejará en las comarcas de Ferrol y Ortegal 64.000 euros en este concepto que se repartirán entre seis localidades. En Cariño se procederá a la limpieza y acondicionamiento del camino de Esteiro a Feás; mientras que en Neda la ayuda se destinará a la instalación de un vallado de protección en la ribera del río Castro, a su paso por el área recreativa de A Cobeluda.
El Ayuntamiento de Ortigueira llevará a cabo la limpieza y señalización de caminos al pie del LIC Ortigueira-Mera; mientras que las subvenciones concedidas para San Sadurniño y Valdoviño irán destinadas a la reparación de un vial en Castro-Cando y al acondicionamiento de las pasarelas en las dunas y arenales, respectivamente.
El importe máximo de las ayudas es de 20.000 euros, partidas que están recogidas en el presupuesto de más de dos millones de euros que la Xunta destinará a la Red Natura 2000.
Transcrita a noticia puntualizar o seguinte:
Como se pode ver foi o Concello de Narón o que solicita a subvención e asume os custos da obra de reahilitación do Muiño Pequeno, que se sitúa na confluencia Xuvia e do seu afluente o Castro. A partida solicitada a pesar de levar contemplada unha parte adicada á mellora da habilitación fundamentalmente vai ir destinada á contrucción dun capturadoiro de reproductores e do seu respectivo paso de peixes e centro de estabulación, có que nun futuro abordar o funcionamento dun pequeno centro ictioxénico que daría servizo á bacía do Xuvia.
Este centro ictioxénico terá como obxectivo o traballo coas especies emblemáticas deste río, o reo e o salmón.
O noso funcionamento, có asesoramento dos técnicos de Conservación da Natureza, basearase en incrementar o reclutamento de alevíns das especies antes citadas, pero coa premisa de intervir o menos posible no proceso reproductor. A estes efectos fundamentalmente se tratará de producir ovas embrionadas de ambas especies, que tras ser incubadas no centro, serán implantads no cauce mediante caixas Jordan-Scott, minimizando a troquelación das troitas (amansamento por contacto có ser humano), pero incrementando exponencialmente a supervivencia das ovas embrionadas.
Tamén se producirá alevín a efectos de repoboar canles de muiños, que son de por si piscifactorías naturais.
Mediante esta pequena axuda, pretendemos axudar á recuperación de este cauce, que consideramos que xa de maneira natural tivo un proceso de recolonización bastante importante de ambas especies de peixes migradores, pero que consideramos que debe ser axudado pola man do home.
Soamente me resta agradecer o Concello de Narón o interese posto nesta idea da Sociedade de Caza e Pesca Xuvia, e especialmente ó Concelleiro de Medioambiente Manel Ramos, que sempre é totalmente permeable ás nosas propostas e con quen dá gusto traballar.
SOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA
martes, 4 de junio de 2013
Xuvia campeona na Liga de Clubes de mosca
O
EQUIPO DE PESCA A MOSCA DA “SOCIEDADE CAZA E PESCA DE XUVIA”
PROCLAMASE CAMPEÓN AUTONÓMICO DESTA MODALIDADE
O
equipo de pesca a mosca da “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia”
constituído por Rafael Bellas, Vicente Pico, José Manuel Baldonedo e
Alberto Mera, proclamou-se campeón galego o pasado domingo en
Coristanco.
Esta
proba, correspondente á modalidade Salmónidos Mosca por equipos
(Liga de Clubes) celebrou-se nos rios Anllóns e Xallas, coutos de
Verdes e Santa Comba respectivamente. A ela asistiron numerosos
equipos de todas as provincias galegas. Durante o transcurso da mesma
as integrantes da equipa de Xuvia realizaron numerosas capturas que
lles valeron finalmente a primeira praza con unha vantaxe de 24
pontos sobre o segundo clasificado.
Trátase
da 2ª vez que este equipo desta sociedade consegue este título en
tan só tres anos, colocándose asi como o club mais laureado de
Galicia nesta modalidade.
Reseñar tamén o 7º posto conseguido pola outro equipo que presentou esta sociedade.
Deste
modo o equipo da “Sociedade de Caza e Pesca Xuvia” representará
a Galicia no próximo Campeonato de España que se realizará no rio
Narcea (Asturias), entre os dias 29 de agosto e 1 de setembro do
presente ano.
Engadir que aparte do ''orgullo y satisfacción'' que me produce como presidente de Xuvia ter presentado a este equipo de fenómenos, debo engadir que puxen o meu grao de area. Así, na semana pasada, estiven de coach con Papito e eiquí están os resultados. Para non extenderme e mentres se está a homologar o sistema de adestramento direivos que se basea no uso intensivo de desbrozadora nas ribeiras do Xuvia. As probas son que ultimamente Papito estaba a floxear, e eilo tendes ¡¡¡
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










