O
EQUIPO DE PESCA A MOSCA DA “SOCIEDADE CAZA E PESCA DE XUVIA”
PROCLAMASE CAMPEÓN AUTONÓMICO DESTA MODALIDADE
O
equipo de pesca a mosca da “Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia”
constituído por Rafael Bellas, Vicente Pico, José Manuel Baldonedo e
Alberto Mera, proclamou-se campeón galego o pasado domingo en
Coristanco.
Esta
proba, correspondente á modalidade Salmónidos Mosca por equipos
(Liga de Clubes) celebrou-se nos rios Anllóns e Xallas, coutos de
Verdes e Santa Comba respectivamente. A ela asistiron numerosos
equipos de todas as provincias galegas. Durante o transcurso da mesma
as integrantes da equipa de Xuvia realizaron numerosas capturas que
lles valeron finalmente a primeira praza con unha vantaxe de 24
pontos sobre o segundo clasificado.
Trátase
da 2ª vez que este equipo desta sociedade consegue este título en
tan só tres anos, colocándose asi como o club mais laureado de
Galicia nesta modalidade.
Reseñar tamén o 7º posto conseguido pola outro equipo que presentou esta sociedade.
Deste
modo o equipo da “Sociedade de Caza e Pesca Xuvia” representará
a Galicia no próximo Campeonato de España que se realizará no rio
Narcea (Asturias), entre os dias 29 de agosto e 1 de setembro do
presente ano.
Engadir que aparte do ''orgullo y satisfacción'' que me produce como presidente de Xuvia ter presentado a este equipo de fenómenos, debo engadir que puxen o meu grao de area. Así, na semana pasada, estiven de coach con Papito e eiquí están os resultados. Para non extenderme e mentres se está a homologar o sistema de adestramento direivos que se basea no uso intensivo de desbrozadora nas ribeiras do Xuvia. As probas son que ultimamente Papito estaba a floxear, e eilo tendes ¡¡¡