Coma xa hai
19 anos que empezou a súa singladura, o XIX
TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA xa está
eiquí, a data de celebración ó igual que en edicións anteriores
será o día 17 de Maio , Día das
Letras Galegas , no entorno do couto
que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da
Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de
Xubia .
O programa de actividades será
o seguinte:
- 7:30 Xuntanza no Bar Os Rubios (Volta do Poulo-Neda)
- 9:00 Inicio do Campionato
- 13:30-13:45 Fin da competición, entrega de capturas e pesaxe na Area Recreativa de Muiño do Chao (Pedroso)
A actividade rematará cunha
comida de confraternidade que terá lugar no restaurante A Trsanquesa
na Feira do Trece (Sedes)
Finalizada a mesma procederase á
entrega de trofeos.
Recórdase a tódolos pescadores
da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante e de
acudir con acompañante
Dado que as prazas son limitadas
ós 30 pescadores que ten de aforo o couto troiteiro , rogamos que se
poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa
inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios,
aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de
oficina do local social é de 20.00 a 21.00 h. os venres ; o noso
tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico
arrotreba@gmail.com
Tamén se pode contactar coa
organización do concurso nos tel mobiles: