Fundamentalmente é unha copia case perfecta da do ano anterior. E polo tanto repite e forma contumaz os mesmos erros, polo menos esa é a miña apreciación.
A saber:
- Voltamos a retrasar a apertura dos coutos e zonas libre de pesca sen morte nas masas de auda de migradores. Ou o que é o mesmo, damos munición ós do captura e frie, asumindo que estas zonas de pesca sen morte non se poden abrir porque a pesca produce danos nas mesmas . Como diría Farruco, moi bien, moi bien ...
- Item mais. Os encoros seguen sen poderse pescar, nin con morte nen sen morte, na época invernal. Unha turronada sen sentido porque durante moitos anos se pescaron, sen que as existencias dos mesmos mermaran de maneira apreciable. E mais os inventarios en encoros como Forcadas falan xustamente do contrario, dun aumento das poboaciónspiscícolas.
- Otrosí. Seguimos coas ''famosas tres medidas''. Ninguen se preocupou de facer un seguimento a esta controvertida medida, que debeu ser o ''soño dunha noite de vrao'', e dudo moito qe contribuira a mellorar as existencias de salmónidos. Quen queira saber mais que pregunte a científicos como Fernando Cobo. Quen queira saber menos, ós fenómenos de Gran Hermano, perdón,da DX.
Eu creo que con este equipo, non imos gañar ningún partido. Sorte será se empatamos.