sábado, 9 de junio de 2012
David Arcay campión do Mundo de salmónidos mosca
En primeiro lugar os meus parabéns e unha aperta gorda ó flamante campión.
A felicitación fágoa extensiva ós seus pais, que evidentemente son os outros grandes partícipes do éxito deste fenómeno. O s recursos que levan gastados Jose e Marga na formación do seu fillo como pescador poderían ter financiado unha carreira universitaria. Pero eu digo, ¡ben gastados foron¡
Non obstante xa veredes como haberá xente que arrimará a sardiña á súa brasa para ser copartícipes deste resultado que para min pertence soamente a David e ós seus pais.
E a formación e o talento xuntos normalmente producen bós resultados, e eiquí está o Campionato do Mundo.
Xa sabes que eu son pouco concurseiro-campeonateiro, o que nos ten levado a algunha diferencia de pareceres, pero non por iso lle quito mérito ó conseguido, nin deixo de ver a importancia que para a pesca continental poida ter o feito de que a competición galega estea nos podios.
Como deben estar os cascarilleiros. Un ascenso do Depor e un campionato do Mundo de pesca no mesmo mes ¡¡¡
Da misma maneira que lle quitei importancia os resultados de Italia no ano anterior, porque sabía que ti merecias o Campionato como calquera outro, tamen che digo o seguinte; Non te durmas no conseguido. Tes ainda non 22 tacos e esperamos que con esa idade consigas polo menos outros 10 Campionatos do Mundo¡¡¡
A por eles mestre ¡¡¡
Espero felicitarte en persoa nuns poucos días.
viernes, 8 de junio de 2012
Temporada de concursos
Como saberedes a estas alturas da tempada concéntranse a maior parte dos concursos oficiosos da tempada, logo de que a competición oficial disminúa de ritmo.
Os que se adican á competición a esta alturas da tempada xa non paran e tódolos fins dse semana hai algunha competición.
Mostra de estes campionatos puntuables para o Master Miguelpesca son os tres que vos poño a continuación: Cibeira, Santiaguiño do Monte e Escuela de Alonso.
Se sodes concurseiros tedes tela onde repartir relixión.
E sobre todo recordade que o gran premio deste ano no Master Miguelpesca é unha bolsa de gominolas. A COMPETICION EN ESTADO PURO. SOAMENTE SE BUSCA O MELLOR, NON O QUE QUEIRA LEVAR OS MELLORES REGALOS ...
![]() |
martes, 5 de junio de 2012
Xornadas en Abegondo-Beche
Este finde andivemos por Abegondo os Artesáns nun novo fregado.
Neste caso tratábase de dar apoio didáctico tanto no apartado de montaxe de artificiais como no de pesca propiamente dita.
Desta maneira fumos recibidos o Sábado pola mañá na Aula da Natureza que o Concello ten en Crendes e cun público menudo e con gañas de ver cousas novas, puñénonos mans á obra.
Antes de comenzar có taller de montaxe se proxectou un video da productora Trueiro, para que os nenos coñeceran o ciclo vital dos salmóns do Ulla.
O taller de montaxe posterior como se pode entender con facilidade, por estar dirixido ós nenos, debía ter un compoñente especialmente lúdico, non podía converterse nunha clase de entomoloxía nin de montaxe avanzado.
Así foi especialmente divertido ver a Longo Jr. explicarle o paso de ninfa a imago ós nenos tirando da evolución dos Pokemon, pero coño ¡¡¡, que ben funcionou, colleronno á primeira.
Broches, Trancas e Barrancas e moscas sinxelas foron os productos que sairon das mans destes fenómenos baixiños coa axuda dos Artesáns.
Ás veces non sabes o que pode fixar a súa atención, son incribles. No caso de Seijas e meu foi especialmente atrainte para eles a linterna de curado UV, todos a querían manipular.
Pola tarde xornada de pesca e repoboación en Beche.
Aló apareceron Suso e Julio cunha boa cantidade de troitas de Sobrado para complementar a anterior repoboación feita hai 15 días.
Tamen se procedeu a ler unha declaración medioambiental, da que vos poño eiquí o enlace http://www.miguelpesca.com/especiales%20declaraciondeabegondo.htm
E despois desta parte digamos mais institucional, pesca.
Molou meterse en fariña de novo con nenos. A verdade é que nos últimos anos nas escolas de pesca da Sociedade de caza e pesca Xuvia non houbo nenos e apetecíame moito traballar có tolos baixiños. Son moi agradecidos, non poñen pegas, fan as cousas cando lles apetece e aprenden mais rápido que os adultos.
E así foi. A min tocoume con varios, pero teño que destacar un par de nenas, que en pouco mais de dúas horas conseguían lanzar cunha certa facilidade a uns 5-6 metros. Non sei se os seus pais me farán caso dos consellos que lles din, pero por favor, que lles compren un equipo de sedal pesado xa ¡¡¡. Se ven progresións así en moi poucas ocasións.
O domingo voltamos pola mañá para de novo axudar ós pequenos pescadores, pero cun número menor de xente, xa foi posible ter cara ó mediodía, un rato para pescar nos.
E non me foi mal, un tranco de sobre do kilo caeu nos brazos dun wooly bugger de hélice. O impresionante foi facer a captura á vista logo de que fallara o ataque con anterioridade. Graciñas Sergio por facer de gancheiro e ver o tranco de novo, se non é por ti, deixa ver ....
En resume un finde completo. Repito, é moi agradecido traballar con nenos, que son como esponxas e te fan rir moito.
Graciñas ó Sr Santiso, alcalde de Abegondo polas atencións recibidas e moitas mais gracias a Gustavo, coordenador de Medioambiente, que fixo que non faltara de nada e que a estancia fora unha marabilla.
Por certo Gustavo, un equipo de pesca para o teu fillo pero xa ¡¡¡, que o rapaz xa está posto a andar e vale moito, que coller unha troita no medio dese follón non é risa.
E un par de cousas negativas, que non poido deixar de sinalar, pero que sei que se correxirán nun futuro.
En primeiro lugar algo que está nas mans do Concello. A plantación dun arbusto espiñento como a uva crispa (Ribes uva-crispa) non parece que sexa o seu nun tramo de embalse adicado á pesca, e mais cando este vai estar adicado a actividades formativas nas que participan nenos.
Outra mais. Estamos en tempo de definir como se vai explotar a pesca no embalse, pero a situación actual non pode prolongarse no tempo. Sexa mediante un couto de pesca cun control específico, sexa mediante pesca sen morte (ainda que sexa por tramos), non se pode continuar có nivel actual de extracción de peixes. Está claro que a repoboación de hai 2 semanas xa volou, e de que o regato non vai producir alevinaxe suficiente para facer o embalse autosustentable con esta presión extractiva, así que haberá que reducir esta. Ainda que non sexa popular.
Polo demais, Beche pareceme un sitio espectacular e cunhas troitas autóctonas de foto de pase de modelos.
Voltarei.
Agora incluo unhas fotos das dúas xornadas.

| En pleno follón da mañá |
| Os Longo, con Sergio o rei dos Pokemon ó fondo |
| Piñeiro explicando o que se veu na proxección do documental do salmón |
| Paco Redondo e Cholito |
| Tamén estivo Suso Vilar cós seus bambús |
![]() |
| Algunha que se portou ben levou dous broches, o meu e o que atou ela |
| Redondo e Ruiz facendo acopio de infantes. Dous bós flautistas de Hamelin |
| Santi pechando o taller |
| Piñeiro e Gustavo pechando o taller |
| Os presuntos implicados |
| Concentración do serán no encoro |
| Repoboación |
| Julio Gigirei cós nenos |
| Esta é a fenómena da que vos falo mais arriba. Acaso unha das competidoras de élite do mañá? |
| Unha das preciosidades de Beche |
| Jose tamen puntuou |
lunes, 4 de junio de 2012
Alimañas nos ríos. Outra de vandalismo
Parece ser que algunha alimaña (non confundir con animais falsamente tachados de tal) colleulle gusto ó do vandalismo da ribeira.
Non contentos con escarallar as plantacións que fixemos dende a Sociedade de caza e pesca Xuvia, aínda se adican a escarallar as arbores de rexeneración natural que medran na ribeira.
Neste caso os afectados foron uns freixos que ademais non estaban precisamente cerca de ningún punto de acceso doado.
Estes freixos foran conservados o ano pasado durante os traballos de limpeza e desbroce e aplomados para que medraran rexos e ergueitos. Pois aquí os podedes ver agora abaixados por algún becerro.
Polo visto á praga de Phitophora alni hai que engadir ós desatres do Xubia a estes malnacidos que imaxino fachendosos da súa fazaña. Recórdanme ás vacas do monte que escarallan ás arbores que lles dan sombra e cando chega o vrao sacan a lingua polo calor. Animaliños.
Eiquí tedes fotos do desastre.

miércoles, 30 de mayo de 2012
I Obradoiro artesanal de pesca fluvial

Pois iso que o sábado e o domingo andaremos por Cecebre e por Beche enredando cós aprendices de mosqueiros das Mariñas.
Póñovos o programa das actividades proxectadas e se queredes asistir seredes benvidos.
Da gusto ver que algún concello se implica nisto da pesca fluvial e que lles da alas ós que serán as próximas promocións deste mundiño.
Moi ben polo concello de Abegondo e polo Consorcio das Mariñas.
Aló nos veremos.
sábado, 26 de mayo de 2012
FALECE JUAN JOSE MORALEJO
Cando escribo estas liñas aínda estou en estado de shock.
A morte dun amigo é sempre doorosa e difícil de superar, pero no caso de Juanjo é moito mais.
O Doctor, como lle chamabamos os seus amigos, foi e será un persoeiro irrepetibel.
Era unha persoa culta, amable, gracioso ata a extenuación, pero o mais importante un pescador coma a copa dun pino. E o mais importante, un amigo ó que recurrir sempre para contar có seu consello e apoio
Xa non é polo seu libro As troitas as miñas señoras, ese libro que todo pescador galego quixera ter escrito, ou polo menos imaxinado, o Doctor era ante todo un impenitente pescador que cando os demais estabamos prontos a desfalecer, daba folgos ós demais para continuar intentandoo.
Nos meus recordos quedará o agarimo do seu, ¡¡¡neno¡¡¡, que sempre te facía sentir como parte da súa familia.
E que decir do seu sentido do humor, que cando tiñas un mal día acababa por arrincarche un sorriso de orella a orella.
Podería decir que se na pesca hai pasión e intectualidade, o doctor era o campión de ambas cualidades.
Por iso doeme tanto perder un amigo e compañeiro de pesca do seu calibre.
O río, que ás veces é moi inxusto, nunca lle quixo dar un salmón, pero a cambio deunos a oportunidade de coñecelo na súa búsqueda do infinito, como el deu en chamar á súa percura.
Doctor aló donde esteas espera por nós botando unha varada e cando nós cheguemos danos a alegría de saber que o salmón xa non está nas túas prioridades.
O meu mais sentido pésame á familia por esta tremenda perda.
miércoles, 23 de mayo de 2012
Feira do Salmón da Estrada
Pois iso que invitados pola organización de Feira, o que é toda unha honra tendo en conta que esta xa vai pola 39 edición, un grupo de Artesáns estivemos pola Festa o sábado e o Domingo.
O Domingo tocounos a Paco Porto e a min. Tamén viña Arturo Alonso, pero tivo que presentar desculpas por motivos persoais.
O caso é que salvo na hora de xantar estivemso nun stnad repleto de xente e iso que tamén se nos dispersaba o público no do lado rexentado polo amigo Muiños, o Señor das Moscas.
Viñeron amigos a vernos. Se ánimo de esquecer, estiveron Santi e a enana, Jose e Alberto coas respectivas pantojas , Ismael, Luka o can pescador...
En fin que a pesar do agobio puntual de xente, que o pasamos ben.
Como non teño moitas gañas de darlle á literatura imos continuar como crónica fotográfica.

| Juliño estivo o día anterior con Gayoso |
![]() |
| Paco e mais eu atendendo ó público, que preguntaba e preguntaba ...(cousa boa) |
![]() |
| Moralejo doctor. Paco sempre póndome en vergoña |
![]() |
| Arranca a mañá e comenzan as concentracións no stand |
![]() |
| Tamén no visitou Luka, o can pescador |
![]() |
| E montamos tamén moscas de troita para os amigos. Emerxente fulget, creación propia |
![]() |
| No stand colindante oficiaba Muiños |
![]() |
| Fixemos quisquillas cocidas |
![]() |
| Paco, non contento con avergoñarme coa Moralejo Doctor, aínda se sobrou mais. |
![]() |
| Dándolle os últimos retoques á fulget |
![]() |
| Os amigos trouxeron regalos. Graciñas Paquiño. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)