martes, 14 de febrero de 2012

ENTREGA DE PREMIOS1º CONCURSO DE MONTAJES “AGUAS VIVAS”


1º CONCURSO ONLINE de MONTAJES “AGUAS VIVAS”
ENTREGA DE PREMIOS
18 de febrero 2012

Caldelas de Tui – Pontevedra – Bar Caldelas

Inscripción con almuerzo incluido de 30€. Es necesario hacer la reserva.
Las consumiciones en barra se pagaran al momento de su consumición.

Programa de actividades
Salida de pesca con guía de pesca
Concentración en el área recreativa de Caldelas de Tui a las 8:00 de la mañana.
Se formaran tres grupos para pescar en los tramos de La Pela (orilla española), Caldelas centro y Caldelas “La Lengua”. Modalidad de pesca la que uno quiera. Rematamos a las 11:00 en el punto de salida
Aperitivo
Nos reuniremos en el área recreativa al finalizar la partida de pesca para tomar unos refrigerios. De 11:00 a 11.30.

Clinic de Lanzado
Concentración en la playa fluvial de Caldelas de Tui a las 11:30 de la mañana. Finalización del acto a las 14:00.
Instructor de la EFFA Roberto Caldeiro
Caña de una y dos manos (Spey)
El instructor hará una demostración de los diferentes tipos de lance donde los asistentes podrán además si lo desean corregir defectos.

Exposición de todos los montajes del concurso
La exposición será a lo largo de toda la jornada en el Bar Caldelas

Presentación del libro El Pardón de Meana
Luis Meana nos muestra su última obra de arte.

Entrega de premios Iº Concurso Aguas Vivas Online
Al remate del almuerzo comenzaremos la entrega de premios a cargo de los responsables de este evento. Finalizaremos este evento sobre las 18:00 de la tarde.

Personalidades del mundo da la pesca que nos acompañarán en este evento
Arturo Alonso            Miguel Piñeiro           Roberto Caldeiro      Luis Meana
Francisco Porto         Eloi Saavedra            Julio Seijas                Oscar Gayoso
Jorge Aráujo              José Ferreiro             Alfredo Rey               Juan Gayoso
Alberto Cibeira          Luis Piñeiro

Amigos de Aguas Vivas
Fernando Pérez         Pablo Santillán           Oscar Hernández      Antonio Vilariño
Marcos Devesa         Ricardo Millán          Fernando Portanet    Julio Torres
Vicente Longo           Sergio Longo             Saúl Alonso                José María Pérez
Manuel Moreira       Rui Pereira                José Torres               Joâo Dias
Diego Rodríguez      

Menú a cargo del Bar Caldelas – Comidas caseras
Entrantes:
Lamprea rellena
Pinchos variados
Empanadas
Pulpo

2º plato a elegir:
Carne asada
Jamón asado
Lamprea a la Bordelesa

Vinos y postres:
Albariño Rias Baixas y tintos
Cervezas y refrescos
Cafés y chupitos
Licores
Tartas variadas
Helados

 
Por aló andaremos o Sábado, para ver amigos e sobre todo aprender, tanto dos montadores que presentaron as súas creacións,como dos mestres da arte do lanzado.
No meu caso o pricipal interese é o clinic de lanzado, no que espero que Roberto Caldeiro poida ter a paciencia suficiente para facerme pasar de ser un lanzador de Spey desastroso a un lanzador mediocre.
A verdade é que o dominio da cana de dúas mans convirteuse para min nunha especie de pequena obsesión. A pesar de que consigo lanzar con soltura ata digamos uns 15-20 metros,o obxectivo é acadar o dominio da totalidade da liña.
Estou seguro de que Roberto poderá poñernos no bó camiño.
 
ALÓ NOS VEREMOS

domingo, 5 de febrero de 2012

ESCOLA DE PESCA -SOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA


 En datas próximas comenza a escola de pesca social.
A dirección técnica da mesma corresponderá a Alberto Mera.
O prazo de inscripción está aberto dende xa e rematará o día 10 de Febreiro.
A primeira clase vai ser o día 17 de Febreiro de 2012, desenvolvéndose as ensinanzas de acordo có programa de anos anteriores, pero coa novidade de que este ano se van abordar nocións de pesca a mosca no mar.
As prazas son limitadas, polo que as inscripcións deberían formalizarse canto antes.

Información no tel 687717158 ou no correo electrónico arrotreba1@terra.es.

miércoles, 1 de febrero de 2012

Holbox. Tarpones no paraiso

A dirección de Auguas Vivas tivo a ben publicar o relato dun viaxe de pesca tropical que puiden facer  no 2010 a Mexico.
Como podedes ver, paseino de puta madre ¡¡¡

Non é a miña intención poñervos os dentes largos, pero si podedes permitirvos a viaxe, non o dubidedes.
A avantaxe é que Yucatán é un lugar onde podedes levar perfectamente á ''pantoja'' sen pisar na delgada liña que separa a convivencia de parella do divorcio, en canto lles falamos ás ''máquinas de reñer'' de ir por varios días de pesca e cando mais a un lonxano paraiso tropical. Con levalas a elas, LISTO ¡¡¡

Por suposto non dubidedes si tendes algunha pregunta ou se necesitaredes patróns de mosca para abordar esta aventura, en poñervos en contactoconmigo no correo do blog.

Por si queredes ter no voso poder a revista có relato completo, este é o enlace de suscripciósn a Aguas Vivas: http://aguasvivasmagazine.blogspot.com/p/suscripciones.html

jueves, 19 de enero de 2012

Orde vedas pesca 2012. Reeepetimos ...

Eiquí tendes o enlace coa orde completa : http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120118/AnuncioC3H1-090112-10808_gl.html

Como naquel anuncio antigo de postres lácteos reeeeeepetimos.
Temos de novo  unha orde de vedas anclada no pasado e que nada aporta de novedoso na xestión da pesca fluvial das masa de auga de Galiza.
Continuamos coa imbecilidade de poñer cortapisas á pesca sen morte en augas con migradores. Vexamos art. 3, 1, d : Coutos e tramos de pesca sen morte: do 18 de marzo ao 30 de setembro con carácter xeral, aprazándose o inicio da tempada ata o 1 de maio nos casos de masas de auga salmoneiras, masas de auga de reo ou cabeceiras de ríos de montaña.
Alguén me podería xustificar como nunha masa na que a priori non debería existir extracción, onde xa conclueu o desove e non existen outros problemas se prohibe a pesca sen morte?
Creo que non  porque os argumentos que se levan exposto (suposto dano ós migadores de baixada) non se sosteñen de ningunha maneira, polo menos en ausencia de estudos sobre o tema. Pero claro, o pescador con cana é culpabel ata que se demostre o contario...
Por supostísimo e a pesar de que sociedades como Xuvia o pediron por escrito, non temos ningún embalse para pescar a troita na tempada de veda no río. Nin con morte, nin sen morte, como era a nosa proposta. En fin  mais do anterior. O o varal presunto culpable, mentras non demostre o contrario.
Polo menos quédanos o consolo de que un dos atentados ideolóxicos da tempada pasada dos grupos ultraconservacionistas, cal foi o ataque á pesca tradicional personificada no caso do risco, nesta orde de vedas desactívase e se volve a permitir a pesca con risco entendido este como foi sempre: Cun triple  e en superficie.
Compre destacar tamén a posibilidade de pescar os xoves na modalidade sen morte nos coutos consorciados con sociedades.
En fín, a orde é un galimatias que hai que analisar coa axuda dun avogado e un notario, sendo comenente levar a ambos persoeiros na vosa compaña mentres esteades na ribeira do río.

Que Deus reparta sorte ...

jueves, 12 de enero de 2012

1º Curso para a formación e probas de selección de novos Artesáns

Pois iso, que como existe demanda para incrementar o colectivo e non sería xusto deixar a xente moi preparada e válida que pupula polo mundiño da montaxe e construcción de artificiais en Galiza, dase o primeiro paso para permitir o acceso a Artesáns.
Ocúrrenseme polo menos unha ducia de persoas que poden, e diría eu mais, deben, procurar o acceso a Artesáns. E imaxino que haberá moitísimos mais que eu non coñezo.

Animádevos e aló nos veremos.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Repoboación no Xuvia

No día de hoxe e asesorados por técnicos da Dirección Xeral de Conservación procedeuse a ceibar no Xuvia alevíns dunha nova especie de peixe.
O seu nome científico é Carcharodon carcharias e o motivo desta solta é contribuir ó descenso dos índices de furtivismo subacuático.
Polo que nos dixeron é bastante eficaz no desempeño do seu cometido, axudando tamén a librar o río de cormoráns.
Como efecto secundario está a impòsibilidade do vadeo nocturno na pesca do reo (Juanjo Moralejo, olliño ¡¡¡)
Eiquí tendes o peixe en cuestión.