viernes, 21 de octubre de 2011

ECOLOJETAS EN TRASANCOS

Comarca-Adega denuncia las labores de limpieza con maquinaria pesada en el cauce del río Xuvia

E-mail Imprimir PDF
Diario de Ferrol-2011-10-21-022-22732629
  redacción > ferrol   La asociación ecologista Adega de Ferrol denuncia las tareas de limpieza que se desarrollan actualmente en el cauce del río Xuvia, para las que se emplea maquinaria pesada que altera los márgenes y el lecho fluvial. La entidad critica que la Xunta use este tipo de máquinas “sen ningún tipo de control e criterio ambiental”
Adega recuerda que en 2009 ya denunció actuaciones de “limpieza” similares en el cauce fluvial, que “sen ningún control profiláctico e sen criterios ambientais” realizaron talas de árboles de ribera y eliminaron comunidades vegetales de especies autóctonas, mientras se mantenían otras exóticas. Una consecuencia de dichas intervenciones es la expansión del hongo patógeneo Phytophtora alni, que afecta a los alisos y cuyos efectos negativos ya se conocía en otros países europeos, afirman. La Xunta, continúa Adega, fue incapaz de frenar o mitigar los efectos de esta plaga, en la actualidad “totalmente expandida por Galicia”.
La entidad critica que en esta ocasión se haya producido de nuevo la tala de alisos, cuando se trata de una especie, argumentan, que conforma un hábitat objeto de conservación. “Nun momento en que os mellores ameneirais e corredores fluviais de Galicia están a punto de desaparecer, a Dirección Xeral de Conservación da Naturaza acada o máximo nivel de incompetencia, dilapidación e renuncia das súas obrigas”, asegura Adega. La nueva actuación contribuye, añaden, a expandir más las esporas de dicho hongo.

Como podedes ver estes tíos son unha fonte de sabedoría. Non contentos con poñer atrancos ós traballos de retirada de arbolado logo do desastre do Klaus hai 2 anos, agora voltan á carga.
Explícovos: En días anteriores membros desta sociedade coa axuda dun pequeno tractor estivemos a limpar e remexer frezadeiros para que antes das enchentas estiveran listos para a freza dos reos.
Pois ben a estes ''fanómenos'' ós que non lles gusta a intervención humana  sobre a natureza (sic) pois xa están  adenunciar estes traballos de limpeza.
Digo eu xa posto a denunciar, non sería mellor adicarse a denunciar contaminadores e furtivos?
Para isto non teñen tempo?
Cada vez teño mais claro que o movemento ecoloxista ten neste país unha inmadurez crónica que lle impide chegar a acordos con outras entidades que tamen temos moito que decir na practica do conservacionismo e xa xestión do medioambiente.

lunes, 17 de octubre de 2011

Galegos en Canarias. Mosqueando e mosqueados


En días pasados acabo de voltar dunha viaxe ás Illas Afortunadas.
A miña parella e mais eu viaxamos en compaña de outros dous amigos á zona de Playa Blanca, no Sur da illa de Lanzarote.
Se ben era en principio unha viaxe de descanso, organizada a medida das mozas, era mais que evidente que tanto Jose coma eu, tiñamos en mente algo mais que descanso, vulcanismo e praia.
No meu caso xa estivera hai anos en Gran Canaria,e tiña unha idea bastante cabal do que a pesca de mar no litoral canario podía ofrecernos.
Desta maneira os equipaxes, a diferencia dos das rapazas, estaban mais cargados de trebellos de pesca e de ilusións, mais que de roupa.
Concretamente ámbolos dous embarcamos equipos de mosca de artillería pesada, con canas # 10 e carretes con abundante backing.
No caso das moscas levabamos unha mostra das moscas coas que habitualmente pescamos en Galicia, pero tamén grandes moscas para enfrontar os carángidos varios e pequenos túnidos tan abondosos naquelas latitudes.
O caso foi que íamos un pouco á aventura. Non fixemos reserva de ningún tipo en canto a embarcación e no caso de terra levabamos un pouco mais currada a información, pero sen excesos.
O primeiro obxectivo foi a pesca dende terra.
Desbotado o tema da pesca desde peirao, que en Canarias está estrictamente prohibida (en canto montedes a cana xa teredes un vixiante coa libreta sancionadora á man), había que empezar a explorar os arredores da zona turística.
Desta maneira procedimos a madrugar o 2º día da estancia , co gallo de prospectar as zonas aledañas ó hotel, nas que había unha serie de estruturas artificiais (rompeolas) nas que era posible practicar a pesca a mosca a primeira hora da mañá antes da chegada dos bañistas.


zona de pesca en Playa Blanca
Chegamos ás 7:00, aínda con noite. En principio non parecía haber movemento, pero en canto apareceu a primeira luz, uffff...Carreiras e peixe pequeño a brincos por tódolos lados. Para tolear. En poucas ocasións vin cousa tal na costa galega. O caso foi que o intentamos todo: Poppers (evidentemente), slidders, gurgles ...E nada ¡¡¡ Nin caso. Algunha persecución, pero non conseguiamos ver a cara dos grandotes. En cambio os pequenos munxes facían delfineadas sen fin.
Logo do fracaso do primeiro día e como bos galegos (turróns por suposto) voltamos ó día seguinte. O espectáculo, se ben menos escandaloso que o día anterior, tal cual, show must go on. Carreiras, saltos, pero ningunha picada …

Pola cabeciña tamén pasou o intento na Graciosa, pero o día que pasamos á illla as condicións meteorolóxicas non eran as mais adecuadas.para a pesca a mosca Olas duns 3 mts e vento de NE forza 6, fixéronnos desistir. A travesía desde Orzola a Caleta del Sebo foi movidiña e confirmounos que a opción de coñecer o pobo e o Sur da Illa sería o mais acertado. Nada de pesca nun dos destinos míticos da pesca en España. As cousas son así.


zona do Canal del Río. Pasando a La Graciosa
Playa del Salado. La Graciosa
Mosqueiros galegos 0, carángidos canarios 2. Tocaba cambiar de tornas.
Así, asesorándonos na illa decidimos que era hora de darlle paso ós túnidos. Non viaxaramos 2 horas de avión para quedarnos sen carreiras no blue water.
E na illa todo o mundo coincidía en que a xente mais profesional da illa era Tino García e o equipo do Mizu.
O Mizu é un barco de pesca de altura de 17 metros de eslora, totalmente equipado para a pesca de altura. Ten base en Puerto Calero, unha das marinas do Sur da isla.
o Mizu
O seu patrón , Tino, aparte de ser un tipo simpático e boa xente, é dos poucos canarios que levan en activo como skipper de pesca de altura mais de 20 anos.



E ese caudal de coñecemento o aplica cada día igual que o seu segundo de abordo, Mariano.
Boa mostra foi a xornada que compartimos con eles.
Tino xa nos comentara que pola escasa temperatura das augas (21-22 ºC) a pesca grande non estaba arrimando a terra. De feito el que era un dos gañadores habituais do campionato de Marina Rubicón ano tras ano, este ano non participaba neste torneo pola comentada falta de peixes. Durante a nosa singladura puidemos ver como os participantes neste torneo corrían como tolos cara ó norte da illa na búsqueda dalgún dos escasos exemplares presentes, que posiblemente diran o triunfo no torneo deste ano.
Así pois, e aínda facendo unha cacea no camiño cara os caladoiros do Papagayo, que nunca se sabe, estivemos de acordo con Tino que o mellor sería adicar esforzos e tempo ós listados (Katsuwonus Pelamis) e ós medregales (Seriola Dumerilli). 
 

caceando rumbo ós fondeadoiros
Chegando ó caladoiro e fondeados en 25 m. puidemos comprobar que o mar que había era mais do que parecía e que intentara a pesca a mosca dende a proa non era doado. De feito Jose, que ten a cadeira danada, non foi capaz de estar en pé na mesma. Eu fun mais turrón e aguantei case unha media hora pero sen resultados.
O resto da xente quedou na bañeira de popa intentando conseguir cebo vivo para a pesca grande. Pili foi a primeira en puntuar e rapidamente as mans expertas de Mariano anzolaron o peixiño (unha chepa) nun gran anzol que foi soltado á rosa e asegurado na superficie cun globo de látex.




Pouco tempo despois o globo empezou a moverse e Mariano clavou a peza cun xesto enérxico e rápido. A cana, por orde de sorteo, foi adxudicada a un dos ingleses. A loita foi importante e a decir de Tino, posiblemente se tratara dunha mantaraia. A impericia do pescador fixo que o peixe encontrara acobillo no fondo. Pouco masi tarde facemos maniobra para ceibar o peixe do enrronche. No medio da maniobra novo erro do pescador, que non recupera a tempo sedal, e o enrronche é definitivo. Mala sorte.



Pouco despois e cun novo peixe vivo entra outro peixe. E o turno de María, que cede o equipo a Jose. A cousa non é de broma. Parece que hai un becerro do outro lado da liña. Non obstante a pesar dos problemas, Jose templa e manda, e o peixe en poucos minutos aboia ó costado do barco. Un certeiro gancheado de Mariano e para a bañeira. Ledicia xeral pola captura e mais cando lle digo ó pescador que parte da pelexa foi inmortalizada en video.


Jose gramando duro. A súa moza desconfiaba que o peixe o levara, de aí o agarrón.
caras de felicidade do skipper e do pescador

O medregal pesou uns 25 kg e case era tan grande como o sorriso de Jose cando se fotografou con el.
Pouco despois tamén foi collida unha chova (Pomatomus saltatrix) , novamente a cebo, iso si, bastante mais pequena, uns 6-7 kg.



Un rato mais tarde e ante a ausencia de mais picadas, retornamos a porto, iso si, logo de ir dando conta dun xantar que me soupo a gloria logo das emocións vividas. Iso si, polo estado do mar soamente xantamos a tripulación e eu. O resto do pasaxe tiña as mollejas demasiado movidas polo estado do mar.
A verdade que foi un luxo pescar coa xente do Mizu e esperamos voltar canto antes para saldar a conta pendente cós listados.

as rapazas có peixe xunto cun membro da tripulación
a pesar de ser un paquete e non coller nada un non puido sustraerse á foto
Aparte da pesca en si, en Lanzarote podedes matar o tempo contemplando a fauna mariña. Concretamente estivemos buceando tanto nas praias mais cercanas ó hotel como nas cercanas do Papagayo. Estas últimas quizais por estar dentro dun parque teñen unha poboación de peixes variada e abondosa. Eiquí podedes ver fotos subacuáticas dos seus habitantes, entre os que se contan varios peixes tropicais moi vistosos como o peixe verde (thalasoma pavo).

banco de peixe cebo nas praias do Papagayo
peixe lagarto. Un visitante tropical que veu para quedarse. Para min xa eran coñecidos de Nicaragua
as salpas toleaban polo pan
Jose alimentando ós famentos
banco de  ''viejas''. Este é o peixe estrela dos isleños pola súa categoría gastronómica


Se queredes sair de pesca embarcados con garantía a Tino García o podedes atopar nas seguintes señas:

tel: 00 34 636474000
email: tinogarcia@lanzarotefishingclub.net

lunes, 5 de septiembre de 2011

Que ben o pasamos, coño ¡¡¡ Master Miguelpesca 2011

III MASTER DE CAMPEONES MIGUELPESCA

La tercera edición del prestigioso Master de Campeones de Pesca a Mosca de Galicia se disputó el 3 de septiembre de 2011 en el Coto de San Sadurniño (sin muerte) en el Río Xuvia.
Por segundo año consecutivo el primer premio -UN VIAJE A ALASKA- fue patrocinado por ALASKA ROBIN FISHING.
Había mucha intranquilidad en los días previos porque el escenario de competición presentaba un nivel de agua verdaderamente alarmante pero las lluvias de los días anteriores lo dejaron practicable aunque un pelín corto de agua.
En el Master MiguelPesca compiten los primeros clasificados de los Concursos Conde de Waldemar, Santiaguiño do Monte, Deportes Cibeira y Cidade de Narón, de lo que se debe extraer que participan las mejores cañas de Galicia, con alguna que otra lógica excepción.
En su primera edición, el master se disputó en mangas de media hora, el año pasado de una hora entera y en la edición de este año se optó por mangas de cuarenta y cinco minutos.
Destacar la participación de María Luisa Lorenzo que brillantemente se había clasificado por Waldemar.
El Director Técnico de la prueba es Alberto Mera con la Coordinación de la Sociedad de Caza y Pesca Xuvia.
CAMPEÓN: DELMIRO LÓPEZ
2º CLASIFICADO: VICENTE PICO
3º CLASIFICADO: OSCAR GAYOSO
PIEZA MAYOR: RUBEN SÁNCHEZ (con una trucha de 37 cms)
Premios:
1º Premio: Un viaje a Alaska por gentileza de Alaska Robin Fishing
2º Premio: Una caña de bambú del Artesán Suso Vilar
3º Premio: Una caña Maxia Rods
Pieza mayor: Un carrete Bold de Thinkfish
Premios especiales: dos creaciones de Vicente Longo

Información proporcionada pola páxina Miguelpesca.com 

Sinalar a título persoal que si ben non me foi moi aló na competición (ser dos do vagón de cola é o que ten) foi para min un día totalmente pleno.
Por un lado conxurose un dos meus temores, que era que para este mes o río non soamente estivera impescable, senón cunha seca perigosa para o seu ecosistema.
Tamén recibir as felicitacións pola organización, dos asistentes á proba, danche folgos para meterte en fariña para unha próxima edición.
Neste último caso teño que decir que precisamente o meu papel é o mais de figurar e menos traballar. A organización desta proba sería impensable sen o Director técnico, Alberto Mera, e de outros moitos, como Fonticoba, Muras, Dani e moitos outros que fan o traballo de verdade.
No nome da organización técnica agradecer a tódolos participantes o seu comportamento exemplar, que entre outras cousas valeu para que puideramos estar á mesa á hora prevista en punto. E todo iso cun ritmo de competición de tolos con mangas de 45 min e cambios de tramo de 15 min.

Outras cousas como  o regalo do mestre (con maiúsculas) Vicente Longo, en forma de, ía decir imitación pero isto sería inexacto, pois posto nun prado o grilo co me agasallou desaparecería no peteiro dun paxaro de forma certa, fante emocionar.
Vicente, metíchesme nun compromiso, non vou ter xornadas de pesca suficientes para compensarte polo teu agasallo.

E finalmente, o que si non ten xustificación é non termonos acordado do cumpreanos do argallante do todo isto. Miguel aínda que sexa con retraso,  Feliz cumpreanos

jueves, 25 de agosto de 2011

OPEN RIO MANDEO 2011. Xa esta eiquí...á volta da esquina

INSCRIPCION OPEN RIO MANDEO 2011cartel-nuevo
LA CUOTA DE INSCRIPCION POR CADA PARTICIPANTE SERA DE 90 EUROS Y DE 55 EUROS SI SE TRAE ACONPAÑANTE A INGRESAR ANTES DEL DIA 5 DE SEPTIEMBRE DEL 2011 EN EL Nº DE CUENTA BANCO BBVA Nº CUENTA:  0182 0612 71 0201517283 A NOMBRE DE LA SOCIEDAD DE PESCA RIO MANDEO.
QUIEN NO INGRESE ANTES DE DICHA FECHA LA CANTIDAD ANTES INDICADA PERDERA SU DERECHO DE INSCRIPCION PREVIA Y NO PODRA PARTICIPAR EN EL OPEN PASANDO A OCUPAR SU PUESTO LA PRIMERA PAREJA QUE FIGURE COMO RESERVA
NO OLVIDAR PONER EL EL INGRESO NOMBRE DEL PARTICIPANTE Y CONCEPTO OPEN REO
LA INSCRIPCION  DARA DERECHO A PARTICIPAR EN EL OPEN A CELEBRAR EN EL COTO DE 1º CATEGORIA DE BETANZOS EN EL RIO MANDEO
CADA PARTICIPANTE OBTENDRA UNA CAMISA COMMEMORATIVA DEL EVENTO CON UN BORDADO RELATIVO AL OPEN
CADA PARTICIPANTE TENDRA DERECHO A DESAYUNO ,UN CATERING A PIE DE RIO (COMPUESTO POR TORTILLAS, EMPANADA, JAMON ASADO, POSTRES , VINO , REFRESCOS, CAFÉ Y LICORES).
TAMBIEN TENDRA DERECHO A LA CENA DE ENTREGA DE TROFEOS  
LA CENA ESTARA COMPUESTA POR  LANGOSTINOS A  LA PLANCHA , ALMEJAS A LA MARINERA, CHULETON DE TERNERA CON PATATAS Y ENSALADA (SE PODRA SUSTITUIR POR UN ENTRECOT QUIEN ASI LO DESEE)TARTA DE MILHOJA Y HELADO, VINOS ALBARIÑO Y RIOJA CRIANZA, CAFÉ Y LICORES.
LA CENA SE CELEBRARA EN EL RESTAURANTE AS RODAS SITUADO EL EL TERMINO DE ESPIRITU SANTO. SADA (A CORUÑA).
LOS TROFEOS SERAN DOS PARA LA  PAREJA GANADORA , DOS PARA LA SEGUNDA PAREJA ,Y DOS PARA LA TERCERA PAREJA.
DICHOS TROFEOS SON HECHOS ARTESANALMENTE  POR LA ARTESANA GALLEGA (LUPE MESIAS) Y SON REALIZADOS EXCLUSIVAMENTE PARA LA CELEBRACION DE ESTE OPEN
TAMBIEN HABRA UN TROFEO PARA LA PIEZA MAYOR DONADO  POR MANUEL IGLESIAS DE ( http://www.solomosca.com/ )
DURANTE LA CENA SE SORTEARAN DIVERSOS REGALOS DONADOS POR LAS DISTINTAS CASAS COMERCIALES QUE COLABORAN EN EL OPEN.
LAS NORMAS DE PESCA SERAN LAS DE PESCA A MOSCA CON COLA DE RATA EN SUS DIVERSAS MODALIDADES SE PESCARA SIN MUERTE ES DECIR ANZUELOS SIN ARPONCILLO Y TODAS LAS CAPTURAS SERAN DEVUELTAS AL AGUA EN PERFECTO ESTADO DESPUES DE SU MEDICION POR  EL CONTROL ,EL RESTO SE REGIRA POR EL REGLAMENTO DE LA FEDERACION ESPAÑOLA DE PESCA, CON LAS MODIFICACIONES QUE LA ORGANIZACIÓN ESTIME OPORTUNAS ANTES DEL INICIO DE LA COMPETICIÓN.        
PARA CUALQUIER ACLARACION O DUDA LLAMAR A BRANDON TEL 699432427
HORARIOS
Horarios de pesca y lugares de concentración y cena
La concentración será a las 6:30 de la mañana en el bar o cruceiro de coiros.Donde desayunaremos y se repartirán las plicas asi como las instucciones oportunas, en la salida hacia los puestos habrá personas de la sociedad mandeo que dirigirán a los participantes hacia sus puestos
El primer turno de La 1º manga dara comienzo  a las 8:30 finalizara a las 10:30
El segundo turno de la 1º manga dara comienzo a las 11:30 finalizara a las 13:30
La comida será a las 14:30 a pie de rio si el clima acompaña en el lugar de chelo
El 1 turno de la segunda manga dara comienzo a las 16:30 finalizara a las 18:30
El 2 turno de la segunda manga dara comienzo a las 19.30 finalizara  a las 21:30
La cena  y entrega de trofeos será a las 22:30 en el restaurante as rodas
Quien desee quedarse a dormir el mismo complejo donde será la cena dispone de habitaciones al precio de  habitación individual 21€ habitación doble 33€
Avisar a brandon quien desee pernoctar tel:699432427

martes, 23 de agosto de 2011

Deciamos onte ... Outra de contaminación nos nosos ríos

Mueren cientos de truchas en el río Ulla
La tormenta que cayó de madrugada provocó que las aguas residuales vertiesen al río, que llevaba poco caudal.
Autor:
lugo / la voz
Fecha de publicación:
23/8/2011
Técnicos de la Consellería de Medio Ambiente recogieron ayer más de 800 truchas que aparecieron muertas en el río Ulla a su paso por Monterroso. La tormenta que cayó de madrugada provocó que las aguas residuales vertiesen al río, que llevaba poco caudal. El alcalde, el socialista Antonio Gato, se mostró indignado porque la Xunta «negouse a facer os tanques de tormenta necesarios para evitar esta catástrofe ecolóxica».

O peor de todo isto é que si coñecedes o Ulla en Monterroso, veredes como se enterraron un ferrado de cartos no paseo fluvial e outros ''a maiores'', pero non se gastou nun puñeteiro tanque de tormentas para evitar estes desastres.
O de sempre, o paseo fluvial da votos, pero o sistema de depuración, non.
E cando ven o desastre e o río queda sen vida, mans á cabeza.

A verdade e que cando vexo cousas como esta sinto unha gran pena por este país, que posiblemente teña uns políticos e xestores que non  mereza, pero que non fai nada por sacalos a patadas no cú dos seus postos.


lunes, 22 de agosto de 2011

O PAIS DOS 10.000 RIOS .... CONTAMINADOS

fernando cobo «Só se actúa se ocorre algo, cando realmente debería facerse antes»

22/8/2011 Fonte: La Voz de Galicia
 
Ten sido citado como un dos maiores expertos nos ríos galegos. Fernando Cobo, hidrobiólogo, profesor titular de Zooloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, en Vilagarcía, fala da riqueza fluvial de Galicia.
-É curioso que alguén dixese que Galicia era o país dos dez mil ríos e que a situación sexa a que é nalgún caso.
-Iso foi unha frase de Cunqueiro, que aí quedou, nunha frase. E oxalá non teñamos que dicir nun futuro que Galicia é o país dos dez mil ríos... estragados. No que a ríos respecta, temos un patrimonio que se pode equiparar ao marítimo. Trátase dunha riqueza incalculable. En Galicia temos especies únicas que teñen aquí os seus últimos refuxios, así que iso confírenos unha potencialidade altísima. Dende a USC xa levamos case 30 anos facendo advertencias nese sentido. Non obstante, a concienciación social e das Administracións está sendo lenta.
-¿Podemos dicir que a maioría dos ríos están contaminados?
-Non me gusta que se fagan xeralizacións, pero o que si que podemos dicir é que en Galicia temos unha rede fluvial moi profusa, e que moitísimos dos nosos ríos teñen, nalgúns dos seus puntos, problemas, ou ben de contaminación, ou ben de deterioro do seu hábitat, como consecuencia da actividade humana e dos atrancos que se poñen neles. Digamos que non temos casos cunha problemática moi importante de contaminación química, porque tampouco temos unha industria moi desenvolvida, pero o que si temos é unha contaminación de tipo urbano, con déficit de saneamento, condicións que se agravan no verán. Temos tamén problemas de contaminación secundaria, que é unha resposta do ecosistema a toda esa actividade humana, como pode ser a proliferación de certas bacterias, algo do que ultimamente se está falando moito [como sucede en el embalse de As Conchas].
-¿E que se podería facer?
-Traballar con máis sensibilidade. A conservación dos nosos ríos está sendo reactiva, é dicir, que só se actúa cando hai un problema ambiental, se ocorre algo, cando realmente debería facerse antes. O ideal sería que a conservación fose proactiva, que saíse da sensibilidade xeral da xente. Pero estamos vendo que na limpeza de calquera río aparecen toneladas de lixo, produto de condutas aberrantes e carentes de civismo. Din que é un problema de educación, pero estamos no século XXI...
-¿Hai esperanza?
-Claro. Temos os problemas que teñen os países desenvolvidos, e o que hai que procurar é concienciarse de que, cando alteramos os ríos, estamos estragando algo de máis valor que o que conseguiremos coa actividade económica que se acometa Os custes ambientais son moito maiores, e os ríos son para Galicia unha seña de identidade. Non hai cousa que modele máis a paisaxe que os cauces fluviais.

lunes, 8 de agosto de 2011

Furtivismo industrial dos ríos de Galiza

Interceptan a dos pescadores furtivos con una red de 50 metros en el Miño

08 de agosto de 2011
Lugo, 8 ago (EFE).- Dos pescadores presuntamente furtivos, uno lucense y otra barcelonés, fueron interceptados tras recoger a bordo de una embarcación una red de unos 50 metros de longitud que previamente habían extendido en el río Miño a su paso por Lugo, informaron hoy fuentes de la Guardia Civil.
La operación de la Guardia Civil fue puesta en marcha tras una denuncia de que en la localidad de Ponteareas, una zona limítrofe entre los municipios lucenses de O Corgo y Guntín, había pescadores esquilmando las reservas de peces con redes de grandes dimensiones y otros utensilios como sedales durmientes.
Después de inspeccionar el terreno para conocer las diferentes rutas de acceso al citado lugar, tanto a pie como en coche, el dispositivo de vigilancia fue activado la madrugada de ayer, ante la constatación de que a esa hora aprovechaban los furtivos para faenar.
Hacia las 07:00 horas de ayer los agentes que participaban en el operativo localizaron en el Miño, a la altura de la desembocadura del río Neira, a dos personas a bordo de una embarcación, que estaban recogiendo una red pesca y diferentes cuerdas con anzuelos.
Cuando terminaron de recoger las artes de pesca, se dirigieron a la orilla del río, donde guardaron el material y las truchas capturadas en un turismo, momento en el que los agentes de la Guardia Civil los interceptaron y procedieron a su identificación.
Los supuestos furtivos llevaban en el maletero del coche una red de pesca de 50 metros de longitud, con boyas y pesas de plomo, mientras que en el asiento trasero del turismo los agentes encontraron cuatro maderas de corcho a las que estaban atadas cabos y anzuelos, así como dos capazos de caucho de color amarillo.
Los agentes se incautaron además de 103 peces de agua dulce de distintas medidas y once truchas, que fueron entregadas al entidades benéficas.
Los detenidos han sido identificados como J.J.L.F., de 44 años, con residencia en Lugo, y M.F.D., de 59 años, con domicilio en Barcelona.
Los dos son sospechosos de "pescar especies protegidas sin permiso del titular del coto" y de "emplear medios de pesca no selectivos", por lo que han sido puestos a disposición del Juzgado de instrucción número 2 de Lugo, precisaron las fuentes.
La embarcación de madera en la que ambos navegaban cuando fueron vistos por los agentes también ha sido intervenida y puesta a disposición judicial.

A noticia en si non chama a atención, porque os que dispoñemos de fontes de información na beira dos ríos sabemos destas operacións.
A pregunta é : Porque a operación a encabeza a Guardia Civil?
Porque os últimos operativos contra o furtivismo os está a encabezar nos últimos tempos este corpo de seguridade?
Acaso ese río non ten gardería?
Que está fallando no sistema de vixiancia de Recursos Naturais desta comunidade?
Preguntado o cal, eu digo que xa vai sendo hora de que se cambie este modelo de Axentes Medioambientales que soamente funciona polo día, que controla a peligrosos delincuentes medioambientalesd como o patrón que corta un ameneiro seco para o inverno ou o pescador que leva unha troita pescada con cana, 2 cm menor da talla legal.
E mentras tanto, e con honrosas excepcións como a do Xuvia, onde pola noite soamente se moven os xabaríns e as londras na beira do río, os nosos ríos quedan nas mans destes ''artistas'' da rede e a lixivia.