lunes, 22 de agosto de 2011

O PAIS DOS 10.000 RIOS .... CONTAMINADOS

fernando cobo «Só se actúa se ocorre algo, cando realmente debería facerse antes»

22/8/2011 Fonte: La Voz de Galicia
 
Ten sido citado como un dos maiores expertos nos ríos galegos. Fernando Cobo, hidrobiólogo, profesor titular de Zooloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, en Vilagarcía, fala da riqueza fluvial de Galicia.
-É curioso que alguén dixese que Galicia era o país dos dez mil ríos e que a situación sexa a que é nalgún caso.
-Iso foi unha frase de Cunqueiro, que aí quedou, nunha frase. E oxalá non teñamos que dicir nun futuro que Galicia é o país dos dez mil ríos... estragados. No que a ríos respecta, temos un patrimonio que se pode equiparar ao marítimo. Trátase dunha riqueza incalculable. En Galicia temos especies únicas que teñen aquí os seus últimos refuxios, así que iso confírenos unha potencialidade altísima. Dende a USC xa levamos case 30 anos facendo advertencias nese sentido. Non obstante, a concienciación social e das Administracións está sendo lenta.
-¿Podemos dicir que a maioría dos ríos están contaminados?
-Non me gusta que se fagan xeralizacións, pero o que si que podemos dicir é que en Galicia temos unha rede fluvial moi profusa, e que moitísimos dos nosos ríos teñen, nalgúns dos seus puntos, problemas, ou ben de contaminación, ou ben de deterioro do seu hábitat, como consecuencia da actividade humana e dos atrancos que se poñen neles. Digamos que non temos casos cunha problemática moi importante de contaminación química, porque tampouco temos unha industria moi desenvolvida, pero o que si temos é unha contaminación de tipo urbano, con déficit de saneamento, condicións que se agravan no verán. Temos tamén problemas de contaminación secundaria, que é unha resposta do ecosistema a toda esa actividade humana, como pode ser a proliferación de certas bacterias, algo do que ultimamente se está falando moito [como sucede en el embalse de As Conchas].
-¿E que se podería facer?
-Traballar con máis sensibilidade. A conservación dos nosos ríos está sendo reactiva, é dicir, que só se actúa cando hai un problema ambiental, se ocorre algo, cando realmente debería facerse antes. O ideal sería que a conservación fose proactiva, que saíse da sensibilidade xeral da xente. Pero estamos vendo que na limpeza de calquera río aparecen toneladas de lixo, produto de condutas aberrantes e carentes de civismo. Din que é un problema de educación, pero estamos no século XXI...
-¿Hai esperanza?
-Claro. Temos os problemas que teñen os países desenvolvidos, e o que hai que procurar é concienciarse de que, cando alteramos os ríos, estamos estragando algo de máis valor que o que conseguiremos coa actividade económica que se acometa Os custes ambientais son moito maiores, e os ríos son para Galicia unha seña de identidade. Non hai cousa que modele máis a paisaxe que os cauces fluviais.

lunes, 8 de agosto de 2011

Furtivismo industrial dos ríos de Galiza

Interceptan a dos pescadores furtivos con una red de 50 metros en el Miño

08 de agosto de 2011
Lugo, 8 ago (EFE).- Dos pescadores presuntamente furtivos, uno lucense y otra barcelonés, fueron interceptados tras recoger a bordo de una embarcación una red de unos 50 metros de longitud que previamente habían extendido en el río Miño a su paso por Lugo, informaron hoy fuentes de la Guardia Civil.
La operación de la Guardia Civil fue puesta en marcha tras una denuncia de que en la localidad de Ponteareas, una zona limítrofe entre los municipios lucenses de O Corgo y Guntín, había pescadores esquilmando las reservas de peces con redes de grandes dimensiones y otros utensilios como sedales durmientes.
Después de inspeccionar el terreno para conocer las diferentes rutas de acceso al citado lugar, tanto a pie como en coche, el dispositivo de vigilancia fue activado la madrugada de ayer, ante la constatación de que a esa hora aprovechaban los furtivos para faenar.
Hacia las 07:00 horas de ayer los agentes que participaban en el operativo localizaron en el Miño, a la altura de la desembocadura del río Neira, a dos personas a bordo de una embarcación, que estaban recogiendo una red pesca y diferentes cuerdas con anzuelos.
Cuando terminaron de recoger las artes de pesca, se dirigieron a la orilla del río, donde guardaron el material y las truchas capturadas en un turismo, momento en el que los agentes de la Guardia Civil los interceptaron y procedieron a su identificación.
Los supuestos furtivos llevaban en el maletero del coche una red de pesca de 50 metros de longitud, con boyas y pesas de plomo, mientras que en el asiento trasero del turismo los agentes encontraron cuatro maderas de corcho a las que estaban atadas cabos y anzuelos, así como dos capazos de caucho de color amarillo.
Los agentes se incautaron además de 103 peces de agua dulce de distintas medidas y once truchas, que fueron entregadas al entidades benéficas.
Los detenidos han sido identificados como J.J.L.F., de 44 años, con residencia en Lugo, y M.F.D., de 59 años, con domicilio en Barcelona.
Los dos son sospechosos de "pescar especies protegidas sin permiso del titular del coto" y de "emplear medios de pesca no selectivos", por lo que han sido puestos a disposición del Juzgado de instrucción número 2 de Lugo, precisaron las fuentes.
La embarcación de madera en la que ambos navegaban cuando fueron vistos por los agentes también ha sido intervenida y puesta a disposición judicial.

A noticia en si non chama a atención, porque os que dispoñemos de fontes de información na beira dos ríos sabemos destas operacións.
A pregunta é : Porque a operación a encabeza a Guardia Civil?
Porque os últimos operativos contra o furtivismo os está a encabezar nos últimos tempos este corpo de seguridade?
Acaso ese río non ten gardería?
Que está fallando no sistema de vixiancia de Recursos Naturais desta comunidade?
Preguntado o cal, eu digo que xa vai sendo hora de que se cambie este modelo de Axentes Medioambientales que soamente funciona polo día, que controla a peligrosos delincuentes medioambientalesd como o patrón que corta un ameneiro seco para o inverno ou o pescador que leva unha troita pescada con cana, 2 cm menor da talla legal.
E mentras tanto, e con honrosas excepcións como a do Xuvia, onde pola noite soamente se moven os xabaríns e as londras na beira do río, os nosos ríos quedan nas mans destes ''artistas'' da rede e a lixivia.

domingo, 7 de agosto de 2011

Depuradoras municipais. Un pasiño adiante

Extractado do artigo de GALICIAHOXE.COM

Enlace http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xunta-adxudicara-agosto-seguimento-120-depuradoras-municipais/idEdicion-2011-08-06/idNoticia-691777/

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o Goberno   galego ten o "compromiso" de que a herdanza para futuras xeracións   debe ser "como mínimo a mesma" que a actual e avanzou que en agosto   se adxudicará o contrato para o seguimento das 120 depuradoras   municipais feitas polo Executivo autonómico.  
     "Dende a Xunta imos facer un dobre traballo: imos colaborar na   supervisión das depuradoras feitas en Galicia e na súa explotación",   asegurou Feijóo, que se referiu ao concurso para o seguimento e   supervisión de 120 depuradoras municipales,con o fin de que se   manteñan activas e teñan un tratamento efectivo que "permita devolver   a auga nas mesmas condicións" en que se capta dos ríos.  
   O presidente da Xunta indicou que o Goberno autonómico tamén   colaborará na explotación, cun decreto --que desenvolve a Lei de   Augas-- para que as entidades locais decidan entre manter a xestión   das depuradoras ou trasladala á administración galega. O decreto,   dixo, estará aprobado este ano e entrará en vigor en 2012.

A ver se é verdade todo isto.
Por certo non estaría de mais recordar que o que suscribe apuntoulle esta idea ós representantes do PP nunha reunión conxunta con sociedades de pesca que tivo lugar en Decembro de 2009 antes das eleccións autonómicas. E tamén agradecerlle ó Sr Xaime Castiñeira que tomara nota desta proposta.
Nembargantes a Sr Ana Diaz (de infausto recordo no seu paso pola Consellería de Medio Ambiente) xa puxo o berro no ceo porque con esa proposta se invadían competencias municipais. Política típica: Para cada solución, un  problema ...
Finalmente parece ser que non era tan imposible pór un pouco de orde na depuración de augas residuais.
Creo que será un paso importante para recuperar a calidade de gran parte das nosas augas continentais.

lunes, 1 de agosto de 2011

Plenitud en el Xuvia

Un relato de Pepe Varela. Publicado no seu blog da Voz

La lámina de azabache tendida sobre el agua represada se dilataba un centenar de metros río arriba, en la base del cañón que formaban las pendientes laderas. Nacía a los pies de un corriente blanda arrugada en crestas redondas y brillantes, para morir coronando un azud acolchado por el musgo. La quietud del aire tibio de la media tarde de julio depositaba sobre la superficie acuosa una vaporosa capa de seda negra, que se hacía espejo oscuro por la tupida sombra de la bóveda que armaban los fresnos y los alisos. En las orillas, el verdor de las falsas acacias desplegadas se repetía en una imagen untuosa que se interponía como una pantalla para escamotear el lecho y sus misterios.
Pero un pálpito presentía que allí estaban las truchas. Con pisadas cautelosas, tanteando el piso para minimizar las ondas que iban a anunciar la intrusión sobre el plano exacto del espejo líquido, se imponía la ortodoxia del método. Selección y jerarquización de objetivos y empezar con lances cortos, ejecutados con dulzura para acariciar la tersura del agua. Cacheando las impenetrables oscuridades abrigadas por los helechos, por las raíces que el estiaje aireó, con presteza pero sin improvisación, con temple. Uno tras otro, en ese espacio menguado, ocho peces respondieron con fiereza al meticuloso paso de la Meps dorada del doble cero.
Tres de las truchas fueron indultadas por la talla, pero alguna de las otras cinco compensó holgadamente el tamaño de las chicas. La secuencia completa tal vez no se haya prolongado más allá de media hora, después de varias de pesca con cuatro capturas en el cesto, pero fue de tal intensidad y precisión, que colmó el ánimo con semejante paz que puso fin a la jornada. Cualquier otro intento, haber cedido a la tentación de la codicia, dejarse seducir por nuevos escenarios aguas arriba, tiznaría el regalo de la plenitud serena.

domingo, 31 de julio de 2011

Salmóns a seca

Esperando que chegue o día de poder lanzar secas (con garantías) a salmóns con gañas de comedia, comparto este enlace con vosoutros.
Non obstante xa aviso con antelación de que o día que consiga clavar un plateado con seca, posiblemente me teñan que ingresar no psquiátrico mais cercano, cunha crise grave e duradeira.

miércoles, 27 de julio de 2011

III OPEN MIGUELPESCA 2011

 Se o tempo e o nivel das augas o permiten o día 3 de Setembro terá lugar o III OPEN MIGUELPESCA no couto troiteiro de San Sadurniño.
Paticiparan os clasificados nos torneos oficiosos de mais renome de Galicia, a saber:
  • Waldemar
  • Santiaguiño do Monte
  • Cibeira
  • Cidade de Narón
Dende a Sociedade de Caza e pesca Xuvia oficiaremos unha vez mais coma organización técnica e tentaremos que os participantes estean comodos nesta que é a vosa casa.
A maiores a dirección técnica en mans de Alberto Mera da garantía de que todo o proceso competitivo se fará ó milímetro.
Esperemos que os nosos temores con respecto ó nivel das augas queden niso, en temores infundados e que o tempo nos acabe de botar un cable.
Dende estas liñas tamén quero agradecer a achega do Concello de San Sadurniño que comprometeu o préstamo de maquinaria e persoal para adecentar algún tramo do río que está a ser devorado polas silvas.
Nada mais, recordade que as resabiadas troitas do Xuvia esperan por vos.


Enlace: http://www.miguelpesca.com/open%20miguelpesca2011.htm

martes, 26 de julio de 2011

Dobles soldos. Presuntos furtivos na administración

Galiza, coma España, é un pais incrible.
Resulta que algúns dos nosos funcionarios non deben de cobrar a fin de mes e por iso, necesitan dotarse dun soldo a maiores para asegurarse de ter un soldo polo menos.
Isto non é novo. Recordade aqueles listos da Deputación de Lugo que tiñan unha consultoría paralela que facía chollos para a administración, esa na que eles curraban pouco e por iso tiña que contatar asesorías externas.
Da misma maneira acaban de coller a un artista en Pantín (Valdoviño) que no seu coche oficial de Medio Rural (Servizo de prevención de incendios-Distrito I) levaba 8 kg de percebes e un traxe de neopreno. O que dicíamos: Por complementar.
Pero resulta que isto xa pasou tamen en Medio Rural no caso de Ximonde. O peón que ''paleaba'' salmóns e lampreas do capturadeiro e que finalmente e polos seus compañeiros foi collido coas mans na masa.
O lamentable neste caso foi que si ben o delicuente foi desactivado e trasladado de servicio o seu castigo foi tan irrisorio que da vergoña allea referilo: Tres meses de suspensión de soldo e o traslado.
O que non pode ser é que ante un caso que salpica á honorabilidade dun colectivo capaz e sacrificado, que en moitas ocasións rinde ó 200 %,facendo mais horas das que lle corresponden, se atalle un comportamento desleal cunha sanción irrisoria como no caso de Ximonde.
Esperamos que unha sanción exemplar sirva para poñer a cada un no seu sitio e deixar empatenada  a folla de servicios do colectivo. Eles mesmos reclaman este castigo exemplar segundo comentan fontes do mesmo servicio.
Quedamos á espera.

Tendes mais información en Albertrucho e miguelpesca : http://albertrucho.blogspot.com/2011/07/despues-de-ximonde.html http://www.miguelpesca.com/especiales%20percebes.htm