miércoles, 8 de abril de 2015

Troita de Ouro da Pontenova aos “Artesáns da Pesca”


Displaying 1 artesáns.jpg

En A Pontenova, a 7 de abril de 2015.

Reunida a Xunta Directiva do Centro de Iniciativas Turísticas para nomear a Troita de

Ouro deste ano, a persoas ou colectivos que se distingan pola defensa, investigación,

divulgación e deporte da pesca fluvial; decídese conceder a Troita de Ouro ao

colectivo “Artesáns da pesca”.

A gala de entrega terá lugar o vindeiro día 30 de abril, ás 8 da tarde, no salón de actos

da Casa da Cultura de A Pontenova.

No mesmo acto, terá lugar a lectura do Pregón a cargo do pescador e xornalista Juan

Delibes a quen tamén se lle imporá a Insignia de Ouro da XXXVII Festa da Troita.

Posteriormente terá lugar a inauguración do Aula de Interpretación da Pesca (Museo

da Pesca) sita no edificio da Oficina de Turismo de A Pontenova.

Xunta Directiva CIT A Pontenova.

“ARTESANS DA PESCA”

Este grupo de artistas do torno, da creación e da montaxe de todo tipo de

complementos de pesca acadaron a CARTA DE ARTESÁN da XUNTA DE GALICIA

en 2010 e quedaron inscritos no Rexistro Xeral de Artesáns da administración

autonómica.

JULIO SEIJAS, OSCAR GAYOSO, FERNANDO COMBA, FRANCISCO PORTO,

SUSO VILAR, ALBERTO MERA, ANDRÉS TOUCEDA, MANUEL GARCIA, ELOY

SAAVEDRA, NOELIA GAYOSO, XAQUÍN L. MUÍÑOS, MIGUEL SEOANE, LUIS

PIÑEIRO, JUAN JOSE GAYOSO, JORGE RODRÍGUEZ MADERAL e JOSE MANUEL

BALDONEDO.

Pincipios e Obxectivos de “Artesáns da Pesca”:

- Divulgar a artesanía da montaxe.

- A defensa do mundo da pesca como actividade lúdico-deportiva.

- A dignificación e potenciación da montaxe artesanal de moscas, señuelos e

complementos de pesca.

- A organización e desenvolvemento de cursos de montaxe em colaboración coa

Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con.

- A dinamización do sector da montaxe e da creación.

- A defensa do producto autóctono fronte as intromisións de mercados foráneos.

- Estipular un código profesional para a comercialización de complementos de pesca.





Displaying cit logo.png

viernes, 3 de abril de 2015

Comenza a tempada de SSS (Síndrome de suicidio de salmónidos)

Fermosa tradición esta na Galiza, moito mais recurrente que procesións e que aturuxos.
É comenzar a baixar o nivel das nosas arterias fluviais e empezar a desfeita.
E desta vez porque se suicidarían?
Seica os da empresa láctea da zona din que eles non sabennada de nada ...
O mellor foi que dous compañeiros pescadores son os que dan a voz de alarma.
Será por iso que coste o que coste a administración trata de recurtar días e tempada na pesca fluvial. Molestará que haxa xente nos ríos e que dean a alarma do que pasa no tocante ós atentados fluviais?

Un vertido mata miles de alevines y truchas cerca del río Miño

El suceso tuvo lugar en un arroyo de Outeiro de Rei, y el mayor problema se descubrió junto a la desembocadura
lugo / la voz, 03 de abril de 2015
Un vertido en un arroyo de Robra, que posiblemente se produjo el pasado miércoles, fue el causante de la muerte de miles de ejemplares de peces entre truchas adultas y alevines.
La presencia de los animales muertos fue detectada por una pareja de pescadores que se encontraba en la zona y que inmediatamente dieron el aviso a los agentes de la Guardia Civil. En pocos minutos una patrulla del Seprona y personal de Medio Ambiente de la Xunta se personaron en el lugar y constataron que se había producido la muerte de miles de peces. A la zona también acudieron miembros del gobierno local de Outeiro de Rei.
El tramo en el que aparecieron ejemplares muertos es el que se encuentra ya cerca de la desembocadura del arroyo en el Miño, en lasa proximidades del área recreativa de Santa Isabel.
La presencia de los animales en el agua no era fácil de detectar, ya que cuando llevan alrededor de 24 horas muertos se hunden y quedan atrapados en el fango del lecho del río, hasta que vuelven a flotar pasados unos días. El lugar en el que se registro una mayor mortandad fue en la confluencia entre ambas corrientes en la que se encontraba grupos de decenas de truchas y alevines muertos.
Los representantes de una empresa láctea situada en la zona manifestaron, al ser consultados, que el agua en las inmediaciones de la fábrica estaba transparente según las pruebas efectuadas y que disponían de poca información sobre el caso.
Los agentes encargados de realizar las diligencias tomaron muestras de varios lugares en los que hallaron ejemplares muertos, y ahora estudiarán si el caso constituye un delito medioambiental.

miércoles, 25 de marzo de 2015

A cuadrilla de Narón vai de caza ó Coto de Ancos

Rematada xa a tempada de caza, é momento de facer un pouco de autocrítica, e porque non, botármonos unha risas con todo o acontecido.
E para iso botei man dun video que colguei en Youtube, no que coa base da película O Afundimento, pretendo que botedes unha sorrisa ó ar...




Espero que vos gustara

viernes, 23 de enero de 2015

Muxes en Lires

Boas de novo.
Como poderedes ver non ando moito por eiquí dende hai unha tempada. O motivo non é outro do arranque dun novo proxecto profesional relacionado coa pesca.
Concretamente estou a traballar como vendedor na tenda de pesca e caza Mar da Xoyba, na rúa de Vigo nº 5 de Narón.
Como estou en horario de mañá e tarde, o tempo faise escaso para tantas cousas que suceden no día e por iso o blog está ''un pouco esquecido''.
Pois nada, dito isto, e esperando que me faghades unha visita (inda que non merquedes nada) aproveito para recordarvos o link á páxina de Facebook da tenda https://www.facebook.com/pages/Mar-da-Xoyba/1520212511564072?ref=aymt_homepage_panel

No seu momento comenteivos que vos mantería informados da emisión do programa que gravamos o Santi Nitas e mais eu en Lires o ano pasado tralos muxos de Lires.
Pois ben hoxe ás 18:00 horas poderédelo ver na 2 en Jara y Sedal.
Espero que o desfrutedes.



PD: Xa tendes o enlace do programa operativo neste link http://www.rtve.es/alacarta/videos/jara-y-sedal/




viernes, 14 de noviembre de 2014

Premios Trueiro 2014

O Xornal de Pesca Deportiva Trueiro entregará os seus premios anuais na Pontenova (Lugo), o sábado 15 de novembro ás 20:30 h, no Salón de Actos do Centro Social.
Estas distincións recoñecen o traballo desenvolvido por persoas, sociedades, pescadores, etc, a prol da conservación das augas continentais e da significación socio-cultural da pesca.

O Xurado formado pola Dirección, o Consello de Dirección, o Consello Asesor e o Consello de Redacción do Xornal Trueiro, decidiu por unanimidade outorgar os seguintes premios:

Premio "Línea Tensa" á Web As Orillas do Ulla
Polo seguimento das capturas de salmón en Galicia e polo compromiso adquirido cos pescadores a fin de telos permanentemente informados dos números da campaña salmoneira.

Premio "Donde Hay Que Estar"
a Xosé Luís Brandón
Por saber estar donde hai que estar, polo seu exquisito comportamento deportivo, pola organización do Open do Mandeo e por significarse como un dos pescadores mais queridos no mundo da pesca a mosca en Galicia.

Premio "Qué Pasa" á Plataforma Sarriana polo Río
Pola defensa a ultranza do Río Sarria e pola mobilización que liderou a nivel veciñal a prol deste curso.


Premio "A Nosa" a Argimiro Conde
Argimiro Conde Diaz, de 81 anos, empezou de gardarríos en 1964 e tomou posesión un ano despois nos Peares. En marzo de 1965 incorporouse á praza da Pontenova desde Salmeán a Fonteo con tódolos afluentes. Posteriormente foi o xefe de zona que abarcaba o río Masma, o Eo e tódolos tributarios.

Premio "Trueiro-Doctor Moralejo" á Real Asociación Asturiana de Pesca
Polo seu compromiso co mundo da pesca e por acoller a varios centos de pescadores galegos como socios.