sábado, 2 de agosto de 2014
Matanza no río Tea
Un vertido de sosa caustica arrasa a vida acuática por cmpleto no río Tea ó seu paso por Mondariz dende a praia de Val cara augas abaixo.
Polo que contan amigos da zona a morte do cauce é completa nun bó tramo.
Como podedes ver resultaron afectadas todas as especies piscícolas do tramo: Salmón, troita, boga de río, lamprea e anguía. E prefiro non pensar nos efectos nas especies bentónicas e nos microinvertrebrados, que resultarían barridas do mapa.

Agora a esperar os dictámenes dos técnicos e buscar responsables.
E de imaxinar que falando deste producto esteamos a falar dalgunha instalación da administración ou fábrica, e polo tanto tamén é de esperar como é usual, que todo quede no esquecemento e sexa convintemente silenciado e amortizado. Non somos un país moi dado a buscar nin asumir responsabilidades. E senon mirade o exemplo de Monforte de Lemos hai cousa dun mes ...
Teño noxo de pertencer a un país que trata así ós seus ríos ¡¡¡

martes, 29 de julio de 2014
Navegantes ilegais no couto do Xuvia.
Presentada denuncia contra un grupo de kayaks que interferían coa
práctica da pesca no couto troiteiro Xuvia
Na xornada do día 27 de de
Xullo do presente, recibeuse o aviso de que un grupo de kayaks (dous,
con tres ocupantes) estaban a interferir na xornada de pesca que un
grupo de 6 pescadores desenvolvían entre a presa de
Gradaille-Retorta e a Piscifactoría de Xuvia.
Concretamente dous socios deste
sociedade e catro amigos chegados de Vilarmaior e Monfero, resultaron
menoscabados os seus dereitos de pesca pola presenza destes aparellos
no entorno do couto de pesca.
Enterados deste feito logo do
aviso de varios destes pescadores, procedeuse a dar aviso ós
vixiantes de Medio Ambiente e ó SEPRONA da Garda Civil, para que se
fora o caso denunciaran estes feitos que como veremos de seguir, son
sancionables conforme á Lei 7/1992, do 24 de Xullo, de Pesca Fluvial
de Galicia.
Esta Lei no seu Capitulo II de
Infraccións e sancións, no seu artigo 33, apartado 8, di
textualmente:Bañarse,
navegar con lanchas ou embarcacións de recreo ou realizar
actividades expresamente prohibidas entorpecendo a práctica de las
actividades regladas por estaLei nos lugares onde o desenvolvemento
de tales actividades tivera sido declarado e sinalado como
preferente.
Da
mesma maneira, no Regulamento que desenvolve a lei, no seu artigo 87
apartado 13, dise textualmente: A práctica de
actividades recreativas ou deportivas distintas da pesca, naquelas
augas declaradas coutos de pesca, vedados de pesca, desovadoiros ou
de especial interese para a riqueza piscícola, salvo cando se conte
con autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural.
Esta
última autorización non lle consta ó Servizo de Conservación da
Natureza que se tramitara en ningún momento.
Polo
tanto na lexislación vixente queda perfectamente claro que o uso
de embarcacións nos tramos que foran declarados coutos de pesca (e
polo tanto o seu uso piscícola declarado como preferente) queda
prohibido cando menos na tempada de pesca sinalada na orde de vedas
anual.
E
como maior xustificación está o pago da taxa administrativa en
forma de permiso de pesca que hai que obter para poder practicar a
pesca nestas augas, que ten un importe de 8 euros diarios.
Os
denunciados, que parece ser que non eran afeccioados, senon que
estaban guiados por unha empresa de multiaventura radicada en San
Sadurniño, parece ser que exhibiron unha autorización
administrativa de navegación expedida polo organismo Augas de
Galicia para a bacía do Xuvia, autorización que como acabamos de
ver é nula de pleno dereito nos entornos dos coutos de pesca segundo
a lexislación en vigor. Polas noticias que temos foron
denunciados polo SEPRONA de Pontedeume.
Xa
previo ó inicio da tempada actual (mes de Abril), falamos con outro
grupo de kaiakistas (pertencentes á mesma empresa), comentándolles,
que unha vez iniciada a tempada, non era legal navegar no couto de
pesca, e si eran interceptados, serían denunciados. Parece ser que
os avisos amistosos non xurden efecto e polo tanto tivemos que optar
polo camiño da denuncia.
En
evitación de futuros conflictos que a nada conducen, queremos facer
pública toda esta fundamentación legal, para evitar desagradables
denuncias logo de interferencias coas xornadas de pesca, legalmente
autorizadas no couto de Xuvia.
jueves, 3 de julio de 2014
Clasificación XII torneo Cidade de Narón Salmónidos a Mosca
| Oscar Gayoso, socio da sociedade de Caza e Pesca Xuvia, impúxose seguido de preto por Mera e Busto |
Resultados do XII Torneo Cidade de Narón organizado pola sociedade de Caza e Pesca Xuvia, disputado o pasado 28 de Xuño no rio Xuvia.
Primeiros 10 clasificados
Destacar o grande número de pezas acadado no torneo, que achegáronse ás 500, posibilitado polo bon estado do río pola choiva caida de madrugada.
| Podio do campionato |
Apuntar que no meu caso non participei porque esa mesma mañá andaba alebrestando salmóns en Ximonde.
Esta irresponsabilidade do presidente é posible porque teño un equipo directivo que vale un collón e sei que a cousa vai ir sobre rodas, falle quen falle.
Para poñervos os dentes largos, comentar que pesquei ata as 12 da mañá. Toquei un bó reo e 2 salmóns. O reo literalmente, porque por un fallo de ''recepción'' voltou á auga (está ben aló) . No caso dos salmóns, un apañoume con equipo de reo e desarmoume nun par de minutos e o outro si que o desfrutei. Case 20 minutos de pelexa brutal nas correntes de Reboredo logo de apañar unha Red Francis da fábrica de Trasancos.E logo de todo isto, tratei de metelo á sacadeira eu solo (o gancheiro marcho para a casa ás 10 da mañá pingando como un pito) e perdinno á entrada da mesma. Un alabastro grande e mouro, que imaxino entrado polos meses de inverno. E tamén vai ben aló.
Un día para recordar, pola pesca dos demais e pola xornada en Ximonde.
E rematada a competición, unha paparota bárbara no Rubios con Zaira dándolo todo.
Eiquí podedes ver como incluso os que fallaron nas mangas do río, acadaron uns postos bastante mellores coas mesas ben repoboadas ...
martes, 17 de junio de 2014
jueves, 12 de junio de 2014
XIII CAMPIONATO DE SALMONIDOS MOSCA CIDADE DE NARON
O derradeiro fin de semana do mes de Xuño terá lugar a edición 12+1 deste xa tradicional campionato de pesca a mosca.
Na cartelería que xuntamos tendes o teléfonos de contacto para as inscripcións, e en todo caso podedes poñervos en contacto con nos no enderezo electrónico arrotreba@gmail.com.
A proba extenderase ó longo de toda a xornada en 4 mangas (2 pescando e 2 controlando) nas que cada pescador pescará un tramo do couto troiteiro de Xuvia e outro do SM de San Sadurniño.
O punto de reunión será tódolos anos o Bar os Rubios, situado na Mourela (Concello de Neda) e comenzaremos coas inscripcións ás 7:00 h.
A dirección técnica estará a cargo de Alberto Mera e a organización é da Sociedade de caza e pesca Xuvia.
Salientar que os 5 primeiros da táboa clasificatoria quedan clasificados para o Master Miguelpesca que se celebrará no couto SM de San Sadurniño no mes de Setembro.

martes, 10 de junio de 2014
Hidroaysen non estragará a Patagonia chilena
Pois iso, que o mundo está de noraboa. Finalmente o Consello de Ministros chileno desbotou a posiblidade de que que estes cabroncetes de Hidroaysen, deixen a Patagonia chilena como o noso Pai Miño e o seu afluente o Sil: Embalsamada
Impúxose o ben común e o proxecto de destruir un dos ecosistemas fluviais mellor conservados do mundo queda no papel.
Felicitar a tódolos chilenos que se significaron nesta loita e felicitalos por non permitir cometer no seu país os erros que xa cometeramos por eiquí hai moitos anos.

Enlaces ás noticias de varios medios:
http://www.bbc.com/news/world-latin-america-27788286
http://www.lasegunda.com/Noticias/Nacional/2014/06/940852/Comite-de-Ministros-resuelve-hoy-el-futuro-de-Hidroaysen
http://www.eldinamo.cl/2014/06/10/ahora-hoy-comite-de-ministros-decide-futuro-de-hidroaysen/

Esperemos que a Patagonia que coñezan os nosos netos sexa esta e non os ríos embalsamados ós que tan afeitos nos teñen os artistas de ENDESA e os seus amiguitos e lacaios como a inefable Elenita Salgado, metida nesta allada ata as trancas ....

Suscribirse a:
Entradas (Atom)