Visto que o tempo non está moito por cambiar de tendencia e a pesca a mosca non é moi doada de practicar en, digamos, o 99 % dos nosos ríos, decidín poñerme diante do torno a amarrar algunhas moscas mais.
Nunca as miñas caixas estiveron tan ben surtidas ...
O caso é que con tempo por diante, decidín meter algúns materiais novos no torno, fundamentalmente organza e tubo de silicona.
A ver que vos parece.
E non, as de abaixo non son ninfas. Non abxurei da miña fe. Son afogadas.
Nunha próxima entrada ensinareivos os meus primeiros experimentos coa linea intermedia e con moscas afogadas. Pero iso é outra historia.
lunes, 8 de abril de 2013
sábado, 23 de marzo de 2013
Piñeiro outra vez de pregoeiro
Pois iso, o amigo Piñeiro, que non para, e o próximo 30 de Marzo estará arreándolle ó pregón as Festas de Pascua de Padrón.
Para quen non o coñeza na Galiza (que raro será), este compañeiro de pesca, é aparte de pescador, director do programa Ríos e Montes na Radio Galega, que se emite ós Sábados entre as 6 e as 8 da mañá.
Hai poucos días no mesmo escenario de Padrón tivo lugar a presentación do libro Galicia salmonera, que en comandita có Alberto Torres acaba de publicar a Editorial Trueiro. E agora xa da o remate có pregón deste ano.
Nada mellor que ser profeta na túa terra.
Noraboa Miguel. Que se dea ben ¡¡¡

domingo, 17 de marzo de 2013
Inicio de tempada no medio dun vertedoiro no corazón das Fragas do Eume
Hoxe comezou a tempada de troita.
En compaña de Dani, como skipper e coñecedor dos segredos do embalse do Eume, fumos facer unha prospección para ver como está a evolucionar esta masa de auga logo da contaminación química que durante a construcción da autovía Ferrol-Vilalba (AG-64) arrasou todo signo de vida no tramo que vai dende a vila das Pontes ata a desembocadura.
Xa no ano pasado algúns coñecidos foran algo a pescar nel e algunha troita apañaran, polo que queríamos ver como andaban as cousas.
O día abreu fríoe con vento de NW o que non presaxiaba nada bó no tocante a capturas.
Non obstante a dia foi abrindo segundo avanzaba a mañá e foronse abrindo uns claros que daban alas á esperanza de tocar escama.
Xa navegando no interior das Fragas o de menos case é pescar, unha paisaxe tan impresionante e agreste, merece por si soa a visita. E se pican, pois bárbaro.
E dito e feito, as troitas comenzaron a picar á raiola do sol.
Primeiro saeu unha boa moza de entorno o medio Kg, seguida doutra mais menuda pero prateada como un reo
Pero todo paraiso ten o seu inferno, e creedeme, eu non estaba preparado para o que ía ver nesta mañá de pesca.
En pleno Parque Natural, protexido por non sei cantas normativas sectoriais, por unha lexislación impecable, por dúas dúcias de axentes, vixiantes de recursos, peóns forestais, e non sei cantos efectivos mais, a merda (perdón RSU, que é mais requintado e fino) enseñoreábase das beiras. Botellas, caixas de plástico, rodas e non sei cantas porcalladas mais marcaban o límite da liña de inundación do embalse, estes días a tope polo desxeo e as fortes choivas.
Podedes ver nestas fotos todo o que fixo que me caira a cara de vergoña e a alma ós pés.
E poidovos asegurar que estes residuos non son desta tempada. A formación (ou deformación) de arqueólogo fai que un mire os obxectos cunha visión diferente e poidovos asegurar que algunha das botellas que aboian teñen mais de 20 anos (Son daquelas botellas de Cocacola cun fondo de plástico negro)
Persoalmente paréceme de risa, que se dote de medios e efectivos este Parque, para que despois unha parte significativa del estea nesta situación deplorabel.
Que pasa, o que non se ve dende a estrada de Caaveiro non é do Parque?
Voltaremos á situación aquela da crise química cado o sr. director do parque afirmaba que o parque eran as Fragas e que o que sucedía no río non era problema seu?
A ver se desta vez me engano e se pon remedio nun prazo de tempo razoable a este desatre medioambiental, que poñendo un par de embarcacións a traballar, nun prazo de dúas semanas debería estar listo.
Logo desta parte desagradable. Recollimos os atarekos e quedamos con outros amigos para xantar nas Pontes. E gracias á paciencia da xente de Casa Ana, que nos atenderon bárbaro, apesar de chegar a deshora, desfrutamos dunha churrascada das de libro.
Logo da paparota fumos darlle un rebaixón polas ribeiras da vila e o que vimos foi isto
O Eume ía alto, pero os efectos dos arrastres do Chamoselo aínda eran visibles. Non é o desatre dos días álxidos da contaminación química, pero os arrastres de piritas e hidroxidos de ferro aínda non remataron. O río aínda ten bastante que sufrir e penar.

sábado, 16 de marzo de 2013
O día que non se durme
Có titular da entrada non falo dun ataque de insomnio perentorio.
Os que sodes cofrades do vicio, xa adiviñades que a cousa vai da noite en vela que nos espera ata que mañá os aparellos toquen auga doce e se vaían as frustracións dunha longa veda.
Eu sempre digo que si algunha situación me achega á infancia é esta. Voltamos a ser aqueles nenos que o día de Reis tentaban quedar en vela pola ilusión dos regalos que estaban por vir.
Espero que esta tempada có ano de augas que levamos, sexan moitos or regalos que estean por vir. Non dubido que os haberá, porque a pesar dos maltratos ós que sometemos ás nosas arterias acuáticas, estas son ben agradecidas e cunha pouca limpeza como a deste inverno, agradecidas e esplendorosas.
En fin sorte a todos mañá, e espero ter algo que contarvos logo da xornada de embalse que me espera.

martes, 5 de marzo de 2013
Festa da Troita e do salmón da Pontenova
As distincións deste ano son:
- Troita de Ouro a Alberto Torres en recoñecemento ao seu labor xornalístico de divulgación da pesca e pola súa decidida colaboración dende o Xornal Trueiro.
- Troita de Ouro a Fernando Cobo, Director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con e Director do programa Migranet para a investigación dos peixes migradores.
- Troita de Ouro a David Arcay pola consecución do Campionato do Mundo de salmónidos-mosca.
- Troita de Ouro a El Progreso pola difusión e divulgación da festa.
Noraboa ós galardonados e non vos perdades o pregón, que seguro que será de escachar.
Andaremos por aló.
lunes, 25 de febrero de 2013
PRESENTACION DO LIBRO GALICIA SALMONERA
O pasado sábado 16 de Febreiro tivo lugar a presentación dos libro dos amigos Piñeiro e Torres.
Sempre é unha satisfacción ir á presentación dun libro, mais se é de amigos, e ata o infinito se eses amigos son os teus compañeiros de correría piscatorias
Foi un acto entrañable o deste día e póñovos unha pequena reportaxe do que alí se viveu, do reencontro cóa compañeiros uns días antes do inicio oa tempada de pesca que xa está aí.
Póñovos un pequeno reportaxe do que vivimos os amigos que aló nos xuntamos e se queredes saber mais podedes acudir á páxina miguelpesca.com.
|
||||||||||||||||||||
Orri y Delfín en los
cotos salmoneros del Ulla:
|
| Ediciones Trueiro publica el libro Galicia Salmonera de Miguel Piñeiro y Alberto Torres. La obra de casi 300 páginas ofrece un detallado análisis de los ríos salmoneros gallegos, Eo, Ulla, Masma, Lérez, Mandeo y Miño. Cada uno de ellos tiene sus ortofotos y planos de pozos y posturas, con fotos y todo tipo de detalles para la pesca del salmón. El prólogo es de Orri Vigfússon, Presidente de la Fundación para el Salmón del Atlántico Norte (NASF). El epílogo rescata el artículo “El cero y el infinito” de Juan José Moralejo. El asesoramiento científico es del Profesor Fernando Cobo y la Estación de Hidrobiología Encoro do Con. El apartado técnico sobre la situación de la especie en Galicia está a cargo de Pablo Caballero (Diagnóstico del estado y estrategia de recuperación de las poblaciones de salmón Atlántico en Galicia, Seguimiento de las poblaciones de salmón Atlántico, Evolución Reciente de la Población de Salmón Atlántico del Río Ulla, La cumbre del salmón) A destacar el apartado fotográfico con Toño Hernández al frente y un amplio equipo de colaboradores Ortofotos: Instituto de Estudos do Territorio (IET) y Rede de Información Medio Ambiente e Xeográfica (Rimax) Planos: Rocamoura, Pepe Guzmán y www.cotossalmoneros.com Dibujos e ilustraciones: Fernando Cobo y Pablo Capote Señuelos, montajes y moscas: Jaime Taboada, Manuel González, Manolo García, Andrés Touceda, Paco Porto, Miguel Seoane, Luis Piñeiro y Eloy Saavedra. En el Capítulo 1 se habla del Salmo salar (Linnaeus, 1758), de la freza, de la gestión del salmón en Galicia y de Carballedo y las repoblaciones. El Capítulo 2 está dedicado a los ríos salmoneros gallegos destacando otros temas de interés como una entrevista a Pepe Pérez Molejón, el último ganchero, los primeros salmones del Eo y del Ulla en el siglo XXI, el Concurso del Salmón del Ulla, el escándalo del capturadero de Ximonde y la polémica de la adjudicación de los permisos de turismo rural. En el cuadernillo central a todo color se ofrece un amplio muestrario fotográfico de señuelos para el salmón, ríos, capturas y otras varadas de la cultura salmonera. Se completa el libro con los datos y las estadísticas oficiales: tablas de capturas de salmón en los ríos gallegos desde 1949, comparativa de los últimos años y las principales masas de agua habitadas por salmón en la comunidad. El capítulo de Retrospectivas, con fotos desde 1910, cierra el trabajo. |
|
|
lunes, 18 de febrero de 2013
escola de pesca da sociedade de caza e pesca Xuvia 2013
Como tódolos anos xa está eiquí o inicio do curso da escola de pesca a mosca da Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
Comenzará a súa andaina coa presentación este venres 22-2-2013 no que vai ser a sé deste curso de pesca, o centro de maiores ''Manuela López Sequeiros'', sito no Alto do Castiñeiro, fronte ó novo Auditorio municipal de Narón.Hai que agradecer ó Concello de Narón, e sobre todo á concelleira de Deportes Natalia Hermida as xestións para o uso dun local dotado de material audiovisual e espazo adecuado para este curso.
As xornadas terán lugar tódolos venres de Febreiro, Marzo e Abril en horario de 18:00 a 22:00.
O director técnico vai ser Alberto Mera e estará asistido por Eloi Saavedra como profesorado.
O contido do curso amoldarase ó alumnado, de forma que os alumnos de anos anteriores terán unha extensión de contidos sobre todo na montaxe de artificiais, e a xente que acuda poir primeira vez, poderá ter atención persoalizada no tocante ós rudimentos de montaxe, materiais de pesca e lanzado.
Tamén veremos contidos de pesca a mosca no mar, tanto no tocante as especies de ría como as de mar aberto e incluso tropicais.
Se necesitades algunha aclaración no cartel adxunto hai dous teléfonos de contacto para que o profesorado vos teña informados.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)