viernes, 20 de abril de 2012

O fin de semana, Galician bonefish. Quedada en Lires

A SOLO DOS DIAS.

Pues eso que solo faltan dos días para estar en Lires disfrutando de lo lindo de la 
1ª QUEDADA A MOSCA EN EL MAR
Os recuerdo los detalles.



En la ría de Lires. Coordenadas-----N: 42º 59´48”      y     O: 9º 14´ 53”

Os pongo dos mapas de los cruces donde os podéis liar un poco.

Este es el que hemos elegido más que elegido es el más recomendado por la gente que lo conoce y el que más apañado de precio que hemos encontrado,
Restaurante Casa Valentín en As Travesas - Pereira – Cee
Coordenadas        N: 42º 59´ 40”    y      O: 9º 12´ 22” tienen menú de domingo formado por:

1ºplato a elegir 
Mejillones
Calamares a la romana
Ensaladilla
Caldo

2º plato a elegir 
Ternera asada
Ternera estofada
Cocido 
Caldo

Vino de la casa, gaseosa,  refrescos, agua,  
Postre y café.
Precio de 10€ por persona,  que para los tiempos que corren está muy bien de precio.

Si alguien quiere pescado o tiene régimen que avise al apuntarse.
Para los niños se puede repartir una ración para dos o se les puede hacer otras comidas.

En principio a las 9 quedaremos para tomar un café en el Café-bar As Eiras en el centro del pueblo coordenadas N: 42º 59´ 53”    y    O: 9º 14´ 36”  
y que está indicado en el mapa e ir informado de cómo es la ría y la zona para quien no la conozca, también decir que el que quiera ir antes darle un poco al spinning a la playa de Nemiña sitiada a la derecha de la salida de la ría, decir que este bar el domingo abre a las 7 para el que quiera desayunar algo.

miércoles, 11 de abril de 2012

Ríos e Montes lider de audiencia. Por algo será ¡¡¡

Ríos e Montes
RADIO GALEGA
os sábados
de 6 a 8 da mañá
RÍOS E MONTES RECORD HISTÓRICO DE AUDIENCIA
El programa de caza y pesca de la Radio Galega, en la oleada de abril de 2.012 del Estudio General de Medios (EGM), ha conseguido una cifra sin precedentes.
Con 46.000 oyentes en cada hora, Ríos e Montes consolida su liderazgo de audiencia y confirma la tendencia iniciada
hace seis años cuando empezó a emitirse el programa.
OLEADA DE ABRIL DE 2.012 DEL ESTUDIO GENERAL DE MEDIOS:
Ser:
4.000
oyentes (de 6 a 7)
12.000
oyentes (de 7 a 8)

Radio Nacional
:
0
oyentes (de 6 a 7)
22.000
oyentes (de 7 a 8)

Onda Cero
:
26.000
oyentes (de 6 a 7)
49.000
oyentes (de 7 a 8)

Ríos e Montes/Radio Galega
:
46.000
oyentes (de 6 a 7)
46.000
oyentes
(de 7 a 8)
 
"Ríos e Montes" había conseguido notables índices de audiencia en oleadas anteriores con cifras de 20.000 y 25.000 oyentes, llegando incluso a ser líder absoluto de audiencia en algunas oleadas, como cuando hace dos años consiguió la cifra récord de audiencia hasta este momento que era de 27.000 oyentes .
Los 46.000 oyentes en cada hora de la oleada de abril de este año rompen con todas las audiencias conseguidas anteriormente por este programa y posiblemente marca la cifra récord de la emisora en esta franja horaria en el cómputo general de la emisora en los 27 anos de vida desde la puesta en marcha en 1.985.
Los éxitos profesionales avalan el trabajo desarrollado y, es de justicia ahora, como Director de Ríos e Montes, reconocer el mérito y el talento de los numerosos colaboradores y asesores del programa, con Moralejo, Cobo, Casal y Torres a la cabeza de todos ellos.
Muchas gracias por vuestra aportación y mi agradecimiento más especial a la audiencia del programa.
Miguel Piñeiro.
 
Ríos e Montes comezou a emitirse na Radio Galega o 14 de xaneiro de 2006.
O Estudio General de Medios (EGM), tres meses despois otorgou ao programa unha audiencia de 18.000 oíntes, "triplicando" as audiencias medias obtidas nos anos anteriores polo programa que se emitía na mesma emisora.

martes, 10 de abril de 2012

Plantacións de arbolado de ribeira e malnacidos

Denuncian graves daños en la plantación de alisos realizada en las riberas del río Xuvia 

Fonte: Diario de Ferrol 

    carmela lópez > ferrol  .   La Sociedade de Caza e Pesca Xuvia denunció ante el servicio de Conservación da Natureza, dependiente de la Xunta de Galicia, una serie de actos vandálicos en las riberas del río Xuvia, a fin de que se depuren responsabilidades. En concreto, se causaron destrozos en medio centenar de ejemplares arbóreos que habían sido plantados recientemente.
Según se informa a través de una nota de prensa, el pasado 12 de marzo, un grupo de catorce socios de la entidad Caza e Pesca Xuvia procedieron a la plantación de un total de 250 ejemplares de aliso (Alnus glutinosa), con el fin de reponer pies de arbolado muerto o caido en los últimos años por la plaga del hongo Phitophtora Alni.
Esta plantación fue autorizada por la Dirección Xeral de Conservación da Natureza, debido a que el río Xuvia pertenece a la Rede Natura 2000 y constituye un Lugar de Interés Comunitario (LIC), por lo que goza de especial protección.
Pues bien, ayer se detectaron importantes daños en un tramo de la desembocadura, que la Sociedade de Caza e Pesca Xuvia atribuye a un “vandalismo común”, “con especímenes rachados e arroxados o río”, que afectaron unas quince unidades.
Según se informa en la nota de prensa, en la zona de la Presa do Rei hay otro tramo de 280 metros de longitud que fue reforestado en la misma plantación y que sufrió el arrancado sistemático de unos 35 árboles, de forma que no quedó ni un solo ejemplar de los plantados en este lugar en el mes de marzo.
Los denunciantes relacionan esta hecho con un eucaliptal existe en las proximidades y piden a la Xunta que “se depuren responsabilidades por este vandalismo gratuito que amenaza a conservación da ribeira do río Xuvia nun tramo moi afectado pola praga de Phitophthora Alni, que seca os ameneiros, e polo paso do Klaus hai tres anos, que deixou unha grande zona de ribeira sen a protección do arborado”.
Ante estos hechos censurables, la entidad denunciante pide la colaboración de paseantes y vecinos para contribuir con cualquier pista que pueda aclarar su autoría, informando a los guardas que vigilan la zona.

Sabedes o que fode ter perfectamente claro quen foi o cabrón que che escarallou un traballo, e non poderlle tundir as costelas a xeito ???
Nesas estamos. Case 300 m de ribeira reforestada e arrancada por un malnacido. Se o chego a coller coas mans na masa, bañar, báñase ...

sábado, 7 de abril de 2012

Ule a ría a robaliza. Atando as moscas para esta tempada I

Con este malfadado tempo que nos veu enriba todo anda adiantado. Arbores, frores e paxaros andan descontrolados.
E imaxino que as robalizas tamen andan no mesmo.
Estes días veuse unha gran mancha de peón (Ahterina presbiter) na desembocadura do Xuvia. A falta de caudal do río e atemperatura da ría serán os responsables, imaxino.
O caso é que a remolque deste cardumen apareceron cantidade de reos que se están internando xa no río logo de pórse cegos cos peóns.
Ven  isto a conto de que tamén seguindo a estes adiantados turistas estivales, tamén estarán as robalizas internándose na ría.
E como non todo van ser salmónidos, púxenme mans á obra pola tarde, e isto foi o que saeu do torno entre outras cousas.
Muxo verdoso
Muxo traslúcido
Muxo de lá de ovella
Un pequeno banco de muxos
Outro banco de alevíns

Espero que vos gustaran.
Nun días mais novidades.
E xa sabedes, se necesitades algunha destas moscas para tentar ás lobas, non tendes mais que contactarme no mail que figura na páxina.

martes, 3 de abril de 2012

Curso de lanzado impartido por Félix Castrillejo en Coirós

Este sábado pasado reunímonos un grupo de amigos para en varios casos ter unha formación inicial do lanzado con cola de rata e outros para correxir defectos e/ou reciclarnos.
Da man do mestre Félix, ese leonés reciclado a galego de pro, recibimos unha cumprida información teórica e mais tarde unhas prácticas, tanto en pabillón como en exterior, que fixeron marabillas.
Hai que salientar que os liantes desta actividade foron a Sociedade Río Mandeo e o brazo executor Manolo, o do Cruceiro.
Hai moita xente no mundo da mosca que cree que xa o sabe todo porque consigue enganar unhas cuantas troitas.
A soberbia é o pecado preferido do demo, e moitas veces este é un mundiño no que cheira moito a azufre.
O caso é que eu recoñezo as miñas limitacións no lanzado e me recoñezo como unha mediocridade.
Sabendo isto plantexeime que teño que mellorar o meu lanzado cunha man e sobre todo con dúas. Neste último caso estou esperando a oportunidade para reciclarme de verdade e non continuar chapuzando con coñecementos autoadquiridos.
Aínda que non o creades, os progresos que se consiguen nunha xornada deste tipo non son milagrosos, pero casi. De estar acadando os 15 m con dificultade, acabei lanzando ó final da xornada unha WF 4 de 24 m sen problema.  No caso da cana de dúas mans tamen puxen ó descuberto o backing, isto é 32 m.
Teño que dar graciñas a Félix pola paciencia que amosou conmigo ( e có resto) especialmente no aprendizaxe da doble tracción.
Agora a adestrar para non perder o adquirido.
A continuación póñovos unhas fotos do pabillón e do campo de fútbol de Coirós onde se desenvolveu o curso.
explicacións en cada paso
o pabellón a tope de liñas voando
o persoal posto a bailar o aserejé. Bueno en realidade eran prácticas da doble tracción
Emilio probando a Fendwich coa liña de spey, a nova adquisición. Unha mellora notable da cana, por certo
Este, que veu ó Jose durante o intento de invadir Portugal e quere copialo ....
profesorado escarallándose de risa (imaxino que con fundados motivos)

martes, 27 de marzo de 2012

Vadeadores e flotabilidade. Seguridade no río

Moita xente asume que cós vadeadores postos, se cae na auga, vai ir ó fondo como un chumbo.
No video que poño a continuación podedes ver unha probas de piscina nas que se desmonta este mito e se poden quitar as seguintes conclusións:
  • O vadeador de neopreno é insumerxible incluso no peor dos escenarios. Isto é, engadindo un peso suplementario excesivo (chumbo no video)
  • O vadeador de pvc tamén flota, si ben esta flotabilidade ven dada en gran parte polo aire que garda no interior. Isto poderiamolo extender ós transpirables.
  • Nos dous tipos de vadeadores se pode nadar con eles aínda có interior inundado.
  • En ambos casos a flotabilidade mellórase moito cun chaleco salvavidas.
Como corolario eu daría as seguintes recomendacións:
  • Sempre que vadeemos en augas profundas usar o cinto para evitar as entradas de auga masivas e a perda de aire que actúa como reserva de flotabilidade.
  • No caso de ríos profundos e augas rápidas levar un chaleco salvavidas (os autohinchables son ideales e no Decathlon están a 60 €) ou no eu defecto e como solución barata de reserva de flotabilidade, meter un recorte de plancha de foam ou similar no bolsillo  traseiro do chaleco (o do impermeable)
Eiquí tendes o enlace para que quitedes as vosas conclusións, que sempre é o mellor.

domingo, 18 de marzo de 2012

Arranque de tempada 2012. Encoro das Forcadas

Xa arrancou a tempada e non o fixo con foguetes.
Por comentarios de amigos a cousa foi mal, moi mal.
Hai que pensar que en tres ou catro días as temperaturas baixaron unha barbaridade e a auga fixo acto de presencia. E benvida sexa, que prefiro perder unhas xornadas de msoca seca de Marzo, que chorar pola seca en Agosto.
Por se non fora pouco tamén comenzou a nevar en cotas altas. O Cadramón e a Xesta tiñan neve aínda que non moi abondosa.
Esta neve e a entrada da fronte que a trouxo desbarataron  a xornada dun grupo de amigos. Póñovos en situación. Un lote de xente que forma parte da alta competición e á hora que escribo isto, non levaban mais que dúas colillas collidas. O Ouro non se quixo portar hoxe.
No meu caso optei polo embalse das Forcadas e facer traballar un pouco ó pato, que xa tiña telarañas.

E visto o que foi a xornada, non me foi mal. Unha troita de 1/2 Kg collida cun Woolly Bugger negro e pescado moi no fondo. Por certo en tempo de desconto, cando xa ía de volta. Un par de picadas mais e ata logo.
Os compañeiros que andaban nas inmediacións levaron unha troita cado un, de mellor tamaño, sobre do kg.

Non foi nada para celebrar, pero o mono quitouno.

Tempo virá para coller troitas a mosca, e río e sin argalladas.
E si tivemos que ir ó embalse témosllo que agradecer a algún gilipollas da Dirección Xeral de Conservación, que sigue turrando en que os coutos e libres sen morte da comarca abran cós acoutados xerais para o 1º de Maio. Este ano propuxemos que as zonas de pesca sen morte abriran en Marzo, e aínda estamos así. MANDA TRUCO .
En fin, espero que tiverades mellor arranque, pero a min velas, xa me deu a vida.
A sorpresa foi que voltado á casa e preto da estrada atopei isto

Un bando de mazaricos mouros (Plegadis falcinellus). Que preciosidade de aves. Parecen os nosos pampos de maio, nome que lle damos na zona ós mazaricos, pero teñen uns brilos metálicos espectaculares. En canto deixen o campo ei repasar a ver si as plumas valen para algúnha mosca salmoneira.
Paciencia, que isto soamente acaba de empezar. A ver se as choivas non nos abandonan e podemos divertirnos mais adiante.