viernes, 14 de noviembre de 2014

Premios Trueiro 2014

O Xornal de Pesca Deportiva Trueiro entregará os seus premios anuais na Pontenova (Lugo), o sábado 15 de novembro ás 20:30 h, no Salón de Actos do Centro Social.
Estas distincións recoñecen o traballo desenvolvido por persoas, sociedades, pescadores, etc, a prol da conservación das augas continentais e da significación socio-cultural da pesca.

O Xurado formado pola Dirección, o Consello de Dirección, o Consello Asesor e o Consello de Redacción do Xornal Trueiro, decidiu por unanimidade outorgar os seguintes premios:

Premio "Línea Tensa" á Web As Orillas do Ulla
Polo seguimento das capturas de salmón en Galicia e polo compromiso adquirido cos pescadores a fin de telos permanentemente informados dos números da campaña salmoneira.

Premio "Donde Hay Que Estar"
a Xosé Luís Brandón
Por saber estar donde hai que estar, polo seu exquisito comportamento deportivo, pola organización do Open do Mandeo e por significarse como un dos pescadores mais queridos no mundo da pesca a mosca en Galicia.

Premio "Qué Pasa" á Plataforma Sarriana polo Río
Pola defensa a ultranza do Río Sarria e pola mobilización que liderou a nivel veciñal a prol deste curso.


Premio "A Nosa" a Argimiro Conde
Argimiro Conde Diaz, de 81 anos, empezou de gardarríos en 1964 e tomou posesión un ano despois nos Peares. En marzo de 1965 incorporouse á praza da Pontenova desde Salmeán a Fonteo con tódolos afluentes. Posteriormente foi o xefe de zona que abarcaba o río Masma, o Eo e tódolos tributarios.

Premio "Trueiro-Doctor Moralejo" á Real Asociación Asturiana de Pesca
Polo seu compromiso co mundo da pesca e por acoller a varios centos de pescadores galegos como socios.
 
 

martes, 11 de noviembre de 2014

Descuberto na Galiza o SSS (Síndrome de suicidio de salmónidos)

Por desgraza, era visto ¡¡¡
Contaminación; Nen falar ¡¡¡
Verquidos; Está vostede tolo ¡¡¡
Un novo caso do suicidio masivo de peixes que asola Galiza ¡¡¡

Xa están os científicos sobre do tema ...

Creo que coma sighamos así vou pedir o estatudo de apátrida, porque cada vez teño mais verghona de ter o DNI deste país.


Poño a noticia da Voz de Galicia, para que o vexades por vos mesmos, porque é para non dar creto. Morren centos de troitas nun tramo de río, e resulta que foi un SSS (Síndrome de suicidio de salmónidos). Vivir para ver ...


La investigación por la muerte de peces en el Cabe se cierra sin sanciones

Los análisis realizados no detectaron ningún vertido en Ribas Altas

3 votos
La culpa no tiene dueño, dice un socorrido refrán. No va desencaminado por lo que respecta al vertido que, a finales del pasado mes de mayo, provocó la muerte de numerosas truchas en el coto de Monforte. Lo de vertido es un decir. La conclusión de las investigaciones realizadas por los servicios de Medio Ambiente de la Xunta es que no existió. Entonces, ¿de qué murieron los peces? Para esa pregunta no hay respuesta. El presidente de la sociedad de Pesca Val de Lemos, que denunció los hechos ante el Servicio de Protección de la Naturaleza de la Guardia Civil, asiste incrédulo a las explicaciones de la administración. «Esto es lo más parecido a un cachondeo», se queja Roberto Martínez.
La sociedad Val de Lemos no recibió todavía, al menos de forma directa, ninguna información oficial relativa a la denuncia que dirigió en su día al Seprona. Hay pocas posibilidades, sin embargo, de que pueda servir de algo. En respuesta a una reciente iniciativa del grupo parlamentario socialista, la Xunta desveló que las investigaciones realizadas tras la aparición de peces muertos en Ribas Altas no arrojaron «resultados concluíntes».
Excesiva tardanza
Las pesquisas corrieron a cargo de los agentes medioambientales de la Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que recorrieron el tramo de río donde aparecieron los peces muertos «non localizando ningún vertido que puidese ser o causante». Las piezas que aparecieron flotando en el Cabe, truchas en su inmensa mayoría, fueron retiradas del río para su posterior análisis.
La mortandad se produjo entre la zona de Freixo, donde se encuentra la estación potabilizadora de agua, y las proximidades del puente sobre la antigua carretera de Lugo. Los pescadores que alertaron sobre la existencia de un vertido aseguran que de las aguas emanaba un intenso olor a cloro. El primer avisó se dio alrededor de las ocho y media de la mañana y, según la sociedad de pesca, los agentes de Medio Ambiente llegaron más de dos horas después. La inspección del Seprona se habría producido, según las mismas fuentes, no antes de las cuatro de la tarde.
«La gente está muy cabreada y es normal. No puede ser que a un pescador lo multen porque lleva una trucha que no da la medida por unos milímetros y que luego aparezcan un montón de ellas muertas y no pase nada», dice el presidente de la sociedad Val de Lemos.
Contaminación insuficiente
En una reciente reunión en Lugo, Roberto Martínez había sido informado por un biólogo del servicio de Medio Ambiente de la ausencia de pruebas concluyentes sobre el origen del vertido de Ribas Altas. Según le explicaron, no fueron detectados niveles de contaminación suficientemente altos como para producir la muerte de los peces. La repoblación del tramo, una de las contrapartidas que reclama la sociedad de Val de Lemos, tampoco está nada clara al menos en los términos en los que la plantean los pescadores.
La entidad que gestiona el coto de pesca Monforte pretendía que la repoblación del tramo afectado se llevase a cabo mediante ejemplares adultos. Medio Ambiente, por el contrario, solo contempla la suelta de alevines de trucha con las mismas características genéticas del río en el que se va a llevar a cabo. Esta medida, impulsada a raíz del rotundo fracaso de la política de repoblaciones de los últimos años, no termina de convencer a los pescadores. «Soltaron en el Cabe 2.000 o 3.000 alevines de cinco centímetros, pero todos sabemos que si salen cien adelante será mucho», opina Roberto Martínez.

miércoles, 22 de octubre de 2014

SORTEO PERMISOS DE PESCA 2015

Xa podedes comenzar o proceso para o sorteo dos coutos de pesca da vindeira tempada.

A Orde que o regula é o DOG Luns, 20 de outubro de 2014. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2015.

Este é o enlace ápáxina do DOG http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141020/AnuncioCA02-131014-0001_gl.pdf

Como podedes ver o prazo de presentación das mesmas vai dende  o día seguinte da publicación deste anuncio ata o 10 de novembro de 2014, ás 14.00 horas.

Pois ben, na páxina de trámites telemáticos, como non podía ser doutra maneira, a cousa está sen actualizar, como podedes ver nesta captura:



 Si é que sempre é igual. Non se responsabilizará neste país alguén de algunha cousa.


Bueno, prefiro non cabrearme innecesariamente. Que teñades sorte e a ver se non hai mais cousas da informática durante o proceso ....

miércoles, 15 de octubre de 2014

XORNADA TECNICA DE PESCA DO SALMON DA SOCIEDADE DE SOUTOMAIOR

XORNADA SOBRE A PESCA DO SALMÓN A MOSCA 
 

Clinic de Lanzado con cana de dúas mans (Spey)
Instructor: Roberto Caldeiro (titulado EFFA)
Montaxe de moscas coa presenza dos artesáns Paco Porto, Jorge R. Maderal e Antonio Vilariño.
Celebraremos este evento o sábado 25 de outubro en Arcade. A xuntanza previa será no Hotel Isape as 9:30 h.
Pola mañá iremos a Xunqueira a practicar lances coa supervisión e aconsellamento de Roberto. Pola tarde será a sesión dos artesáns montadores de moscas.
Haberá unha comida, para quen o desexe con menú de pescador.
Organiza: Sociedade de Pesca de Soutomaior.
Información: Paco Porto 686 632 659.

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Berrea na Fragas do Eume. Un espectáculo ó alcance de tódolos públicos

Si algo puidera decir do día de hoxe, é que un dos meus soños como cazador cumpleuse.
A mañá comenzou cedo, moi cedo, aló polas 7:00 da mañá. Pero se queres ver fauna hai que deixar a cama canto antes mellor, salvo que sexas un deses amantes da natureza de boquilla e que entenden soamente do que ven nos documentais da 2.
Pois o dito, recóllenos Nes con noite e imos camiño das Fragas. O obxectivo: O comenzo da berrea dos cervos.
Ir ás Fragas para min sempre é unha experiencia. O meu avó xa ía de caza aló. E o seu pai. E o pai do seu pai. Somos moitas xeracións de Saavedras as que levamos pregrinando a este sancta sanctorum da cinexética maior da Galiza. E non é cousa menor a paisaxe que nos retrotrae a tempos anteriores onde o gando extensivo e as fragas nos pequenos vales eran o que mandaba nestas terras altas. Por desgraza a eucaliptización xa está eiquí e veu para quedarse.
Temos unha viaxe con curvas mentres subimos pola estrada do Roxal, pero tamén tempo para irlle contando a Nes e a Pili dos pormenores da saída e da vida dos cervos.
Tomamos café en Goente no estanco, que sempre é bó saudar á xente, e xa cunha raiola de día, iniciamos a espreita.
Facemos unha primeira parada nun punto alto e a cousa non defrauda. Os veados están aí, e o outono que empeza, xa se misturou coas hormonas do seu sangue, para facelos agresivos, territoriais e sobre todo, ruidosos.
Para os que nunca escoitarades a un cervo berrar este é o impresionante sonido que producen estes portentos naturais: berrea cervo
O primeiro axexo se ben non tiña fallo (é un eucaliptal novo, con bó pasto e no que gostan de parar), sae non mal, senón fatal. Escoitamos os veados berrar en dous puntos, retadores, xa é traballo de prismáticos e paciencia dar con eles...
Pois foi que non ¡¡¡. Veñen dous camiñantes, pero camiñantes deste de roupa de trekking e que se supón que van pasear a un entorno natural, pola estrada arriba e á distancia que estamos (uns 500 metros) escoitámolos falar, digo berrar (case tanto como os dos cornos). Resultado: Un dos machos arrea ladeira abaixo coma se vira ó Demo e o resto da pelota de femias e o outro macho costa arriba. Despois de xurar en linguas semíticas varias, decidimos cambiar de zona. Isto case me recorda ós anormais que dotados dun cassete de 100 wats, hai moitos nos decían que non vían animais cando ían pasear por Ancares adiante.
E arreamos a unha encosta que comunica coa zona que estabamos coa esperanza de polo menos ver ó rebaño que subeu, pacendo.
Un bó rato de camiño en coche e a pé a ratos e finalmente escoitamos outro cervo berrando na ladeira contraria. Traballo de primáticos, pero está nunha zona tapada. De repente aparecen unha femia seguida dun macho e cando o que escoitamos berrar antes se achega, xa o espectáculo está servido.
Póñovos a secuencia do acontecido, para que as imaxes falen por diante das palabras.

Macho de cervo seguindo a unha femia
Expectación polo reto que chega en forma de berro do monte próximo
Comenzan os retos entre os dous pretendentes da femia
A femia abandoa o campo de batalla onde van oficiar os dous gladiadores
Comenzan as hostilidades e testarazos
Durante mais de 10 minutos sucédense as chaves de forza e a pugna
Finalmente un dos contendentes da coa sua mole no chan
O  resultado da pelexa canta. O derrotado abandoa o ring a toda prisa, perseguido polo trunfador.

Como podedes ver o Nes, que é un fenómeno, captou coa cámara todo o evento, sen esquecer detalle. 
E non foi doado, que a distancia era moita e os animaliños non paraban quietos.
O que vos poido asegurar é que na miña mente quedará para sempre gravados os berros dos cervos, os testarazos da pelexa, o olor a outono e a paisaxe das Fragas.
Imaxino que despois disto moitos entenderedes a miña querencia especial por esta parte das Fragas, alonxadas do espírito de parque temático Warner en que se convirteu Caaveiro e o seu entorno. A inundación de fodechinchos ainda non chegou eiquí, e espero que tarde ...
Igual vos chama a atención que non fixera mención algunha á toponimia dos lugares nos que discorreu toda a mañá. E isto non é gratuito. A Rede, para ben e para mal, chega a todo o mundo, a xente respetuosa pola natureza, a bós cazadores, e a ecoloxistas de ben. Pero tamén a outras alimañas, que amparadas pola noite tratan a estas marabillas de animais que acabades de ver como simples cachos de carne que vender, logo dun tiro traizoeiro coa axuda da iluminación artificial en plena noite. E como podedes entender, non serei eu quen lles dea pistas.

martes, 9 de septiembre de 2014

Ximonde. Problemas no paraiso?

Este domingo que pasou tiña couto en Ximonde. Sen noticias dos meus compis de terna, que imaxino enpantanados de traballo, decidín ir para aló para voltar a cabrear os reos que en Xuño non quixeran colaborar.
E dito e feito. Ás 6:30 estaba ó pé do Prado de Louzao, pertrechándome ó pé do coche e enchido de ilusión.
Cando xa case era a hora legal (7:00) fun camiñando cara á desembocadura do Liñares para empezar a repartir relixión.
Pese á luna que o da todo estes días, contaba coa avantaxe dun día toldado, có que por un lado peneiraba a luna chea e ademais daba uns minutos de marxe para o risco.
Pero a realidade é turrona e os reos nin facían acto de presencia (nada de baños) nin estaban por colaborar (nada de picadas).

Quizais o motivo da inactividade sexa o baixo nivel que leva o río e que corresponde ben coa época. O feito é que a praia do Prado de Louzao era un areal amplio e precisamente nese punto é onde normalmente para os grandes reos que buscan as augas frescas do Liñares (que vistos os útimos episodios de contaminación pode ser moi cuestionable esta hipótese).
O caso e que nin os riscos da fábrica de Trasancos, nin os da fábrica de Pazos, nin jointeds varios foron quen de convencelos a subir.
Visto o cal, en canto comenzou a clarear, decidín pasarme ó CD de Rapala, concretamente un  modelo tuneado con escamado no ventre.
E foi o detonante. Un precioso pelouro de 53 cm agarrouno e fixo brilar a mañá.

Nin a carallada dos anzois simples, nin gaitas. Colleuno a morrer e cunha cravada franca amarrouno na comisura do labio.
Ademais deste cliente, tamén entraron duas troitas fermosas, que viñeron por onde foron, e tiven algún toque mais.
Logo disto e vendo o escaso tiro de corrente e nivel do río, decidín ir cara a Reboredo, a ver si con afogada se podía facer algo a maiores.Pero soamente fun quen de coller uns pintos e nada mais.
Cara ó medio día entrou a fronte a golpear con dureza e con ela o neboeiro e decidín marchar, que a cousa xa pintaba mal, para canto mais có neboeiro...
Como apunte a maiores ademais do baixo nivel do río puiden comprobar algo moitísimo mais preocupante.
Na cabeceira das correntes de Reboredo había unha manchas nas pedras que non vira antes. Blanquecinas e de consistencia esponxosa. Coa sospeita escrita no seu aspecto ...





Non sei moito de fitopatoloxías, pero a sospeita da Dydimosphenia geminata, estaba moi presente.
Espero enganarme e que non sexa o caso. O Ulla non se pode permitir mais pragas e desgrazas.
En todo caso xa enviei fotos á Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con e a ver se non temos que lamentar un invasor mais.
Visto isto recomendo a todos os que vaiades a pescar ó Ulla e logo vos trasladedes de río, procedades a un lavado e desinfección dos vosos equipos de vadeo. Unha pouca lixivia moi diluida é mais que suficiente pata deixar as botas de vadeo desinfectadas e os vadeadores se secan completamente, é mais que suficiente.

PD de última hora: Fernando Cobo desbota a posibilidade de que sexa dydimosphenia geminata. Parece ser que simplemente é unha esponxa de auga doce.
Mellor así. Preferible é enganarse a non comunicar unha incidencia destas e que nos invada a puta alga.